Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra xa atendeu a máis de 200 empresas a través de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra xa atendeu a máis de 200 empresas a través de SmartPEME

Redacción
Publicado: 15/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme.jpgA Deputación de Pontevedra está a presentar en diferentes puntos da provincia a súa iniciativa SmartPEME, renovador (e innovador) programa de orientación tecnolóxica-dixital dirixida a PEME, autónomos e persoas emprendedoras. Este 22 de setembro, sen ir máis lonxe, daranse a coñecer as actividades de SmartPEME en Vigo e para ir poñéndonos en situación a entidade provincial que preside Carmela Silva lembra que SmartPEME é, ante todo, a nova vida da antiga rede CPAE 2.0 posta en marcha polo anterior equipo de goberno. Ademais, recorda que durante a súa aínda breve andaina xa foi quen de atender (dende o pasado mes de xuño) a máis de 200 pequenas e medianas empresas da provincia de Pontevedra.
Tamén fai saber que SmartPEME é, amais dun programa de formación e asesoramento, unha rede constituída por seis centros atendidos por técnicos TIC con sedes en Lalín, Cambados, Vigo, Pontevedra, Ponteareas e Porriño
Estes e outros datos foron achegados este martes pola propia Carmela Silva, que engadiu que ao longo dos devanditos tres meses, SmartPEME realizou e resolveu 301 asesoramentos de 211 empresas. Ademais, os seus técnicos desenvolveron 58 eventos de capacitación TIC aos cales asistiron 439 persoas.
As cifras, con todo, non quedan no devandito. De feito, se temos en conta que SmartPEME xa leva un ano dando sinais de actividade (solapándose ao antigo CPAE 2.0), o treito temporal a resumir sería aínda máis longo e, con isto, achegaríanse os seguintes números: 2.972 asesoramentos para 1.559 empresas, ademais de 872 eventos con 3.894 asistentes. “Isto”, explicou este martes Carmela Silva, “supón unha subida do 50% en canto a empresas atendidas, ademais de superar a barreira das 1.500 empresas atendidas, cun 60% máis de asesoramentos resoltos, estando preto dos 3.000”. Segundo fixo saber a presidenta, as persoas asistentes medraron nun 43% no último ano, agardando que no mes de setembro cheguen ás 4.000.
Carmela Silva avanzou ademais a celebración, o 22 de setembro, da devandita xornada de presentación de SmartPEME en Vigo, a partir das 10:00 horas no antigo Reitorado da Universidade. A xornada contará coa presenza do experto en estratexia dixital Luis Ferrándiz, de KPMG Asesores.
Máis sobre SmartPEME
Trátase “dun novo modelo de servizo” orientado á mellora competitiva das PEME e autónomos e, tamén, á procura dun pulo nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas. A idea, sinala a Deputación, “é abrir novos eidos de actuación e abranguer novos grupos de interese coma os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”. Nas oficinas do programa no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo poranse en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
A maiores do devandito, preténdese que a colaboración cos concellos sexa “máis estreita”, entre outras cousas porque “o proxecto ofértase como un servizo propio dos municipios, para que sexan eles os que presten o asesoramento e impulsen ás empresas, persoas autónomas e emprendedoras”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?