Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BBVA busca entre a mocidade as mellores fórmulas smart para as nosas cidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BBVA busca entre a mocidade as mellores fórmulas smart para as nosas cidades

Redacción
Publicado: 15/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blue-bbva-impact-challenge1.jpgA entidade bancaria BBVA vén de lanzar a segunda edición do seu programa Blue BBVA Challenge, un concurso-desafío lanzado ao abeiro de TEDxMadrid e que se dirixe a proporcionar apoio e recoñecemento a estudantes universitarios ou de estudos superiores, de entre 18 e 29 anos, que teñan entre mans solucións innovadores para as Cidades Intelixentes. Segundo sinala a banca, as persoas interesadas en participar deben inscribirse na web do concurso, tanto de maneira individual como en grupos de ata cinco persoas.
A iniciativa inclúe un punto de inflexión, o Challenge Day de Madrid, que se celebrará en novembro e que servirá para que as cinco mellores propostas pasen a unha segunda fase, na que recibirán cinco módulos de formación de maneira presencial. Na primavera os responsables destas propostas amosarán os seus proxectos finais. Os que obteñan as mellores valoracións serán premiados cunha viaxe a Berlín.
O tema elixido nesta segunda convocatoria e sobre o que virarán as propostas dos participantes é o de Cidades do futuro. O devandito Challenge Day de Madrid, informa BBVA, será unha xornada na que as mozas e mozos inscritas/os verán de maneira práctica todo o que deben ter en conta á hora de desenvolver un emprendemento innovador. A xornada rematará coa presentación dos grupos participantes, que deberán desenvolver unha idea que vire ao redor da temática elixida este ano, as solucións smart para mellorar as nosas cidades (facelas máis sustentables, mellor conectadas e máis eficientes, en definitiva, mellores lugares para vivir).
Como dixemos, a organización do Blue BBVA Challenge elixirá a cinco grupos que recibirán durante catro meses cinco módulos formativos presenciais, nos que poderán desenvolver diferentes puntos da súa idea inicial, desenvolvida no Challenge Day. Durante o proceso de maduración das ideas estarán acompañados por mentores especializados nos perfís da mocidade emprendedora. Os grupos que non foron elixidos no Challenge Day poderán seguir de maneira virtual os módulos formativos e proseguir a maduración de cadanseus proxectos.
Unha vez completadas as sesións de acubillo, o cinco proxectos dos finalistas, ademais doutro proxecto dun dos grupos que traballasen online, participarán na final, que se celebrará na primavera de 2017. Deste seis grupos, o xurado, formado con institucións do sector da innovación, sairá un gañador, que será premiado cunha viaxe “experiencial” a Berlín para participar no Unlikely Allies do Impact Hub. “Ademais de participar en accións relacionadas co reto das cidades do futuro que se realizarán na cidade alemá, poderán coñecer de primeira man o tecido emprendedor novo dunha das urbes máis dinámicas de Europa”, engade a organización do certame-concurso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?