Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HPE presenta un programa formativo en Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HPE presenta un programa formativo en Big Data

Redacción
Publicado: 15/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160915_mar_pereira.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira, participou hoxe na presentación do Programa Formativo en Big Data que Hewlett Packard Enterprise (HPE) ofrece desde o seu novo Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) do Gaiás. No acto interviñeron tamén o Vicerreitor de Comunicación e Coordinación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Pereira, e o director do CEIN, Andrés García-Rodeja, quen explicou que o Programa formativo en Big Data para o curso 2016-2017 pon a disposición de 4 graduados en Informática e dun 1 asistente ao Máster Interuniversitario de Big Data da Universidade de Santiago de Compostela unha rede de titores para desenvolver o seu proxecto fin de grao. Cada un dos seleccionados contará co apoio dun profesional de Hewlett Packard Enterprise, que asesorarán aos participantes nas diferentes fases do seu proxecto así como na súa orientación cara a necesidades reais de posibles clientes.
O programa contempla, ademais, 4 bolsas para facer prácticas na nova sede da compañía na Cidade da Cultura, onde conta tamén cun espazo para networking no Centro de Emprendemento desde o que se coordinarán e executarán as iniciativas de formación e difusión de tecnoloxías de Intelixencia de Negocio, organización e dinamización de eventos sobre Big Data.
Mar Pereira destacou a importancia da especialización dos profesionais TIC para poder cubrir a demanda de novos perfís dixitais que reclaman tanto as empresas tecnolóxicas como as doutros sectores. A Axenda Dixital para Europa estima que en 2020 haberá 825.000 postos vacantes para profesionais das TIC.
Neste sentido, a directora da AMTEGA lembrou que, segundo datos publicados o pasado mes de agosto polo OSIMGA, as empresas galegas demandarán máis de 1.400 novos empregos TIC en Galicia para 2016, da que dous terzos se corresponden con novos empregos no sector TIC e o terzo restante nos demais sectores económicos galegos.
Pereira afirmou que “desde a Administración autonómica somos conscientes de que é imprescindible contar con profesionais formados nas novas profesións dixitais, e de que debemos colaborar tanto coas universidades como coas empresas do sector en iniciativas para promover esta especialización. Polo tanto este programa de formación que ofrece HPE é unha excelente oportunidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?