Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os investigadores galegos de Gaia amosan a imaxe en 3D máis exhaustiva da Vía Láctea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os investigadores galegos de Gaia amosan a imaxe en 3D máis exhaustiva da Vía Láctea

Redacción
Publicado: 15/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_gaia.jpgEsta semana presentáronse no Campus da Coruña os primeiros froitos achegados pola misión Gaia, unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan investigadoras/es da nosa terra e da Universitat de Barcelona, e máis de 450 científicos e enxeñeiros de dúas ducias de países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea. Na presentación dos primeiros resultados de Gaia estiveron integrantes do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións de Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (Minia Manteiga, Carlos Dafonte, Daniel Garabato e Marco Antonio Álvarez), xunto coa investigadora do Departamento de Física Aplicada da UVigo, Ana Ulla, e o vicerreitor de Política Científica da UDC, Salvador Naya. O acto, que se celebrou de maneira simultánea, serviu entre outras cousas para presentar a publicación do GDR1, “o primeiro catálogo de Gaia”.
Trátase dun acubillo de información que repasa e rexistra os traballos despregados ao longo de tres anos. Neste tempo, recompiláronse 500.000 millóns de medicións astronómicas e a localización de dous millóns de estrelas. Todo este coñecemento foi xerado coa axuda de Gaia, a a sonda espacial que en decembro de 2013 era lanzada alén da Terra co obxectivo de rexistrar e inventariar as estrelas da Vía Láctea, o que representa, en palabras dos investigadores, “cartografar mil millóns de astros da nosa galaxia, ou sexa un 1% das que se estima existen”.
uvigo_gaia_equipo.jpgSegundo fixeron saber, esta primeira publicación inclúe tamén “os datos fotométricos de centenares de estrelas variables, 2.595 estrelas tipo RR Lyrae e 599 estrelas Cefeidas observadas en xullo de 2014, en que o satélite escaneou repetidamente os polos galácticos”.
Os devanditos datos foron o resultado dunha longa observación. De feito, Gaia esculcou ao longo dos tres anos de misión unha media uns 70 millóns de obxectos celestes, obtivo máis de 637 millóns de medidas astrométricas (posicións no ceo) e 150 millóns de medidas fotométricas (cantidade de luz en cada cor), ao día.
Segundo explicaron os investigadores galegos na presentación dos primeiros froitos do proxecto, “os datos crús que obtén o satélite pasan por un complexo proceso de transformación e análise que leva a cabo un equipo duns 450 científicos de toda Europa, o consorcio DPAC, do que o grupo de investigación da Universidade da Coruña forma parte desde 2007”.
Respecto do que está por vir, a misión Gaia producirá versións actualizadas do seu catálogo aproximadamente cada ano a partir desta data, ata chegar a un arquivo final que se publicará arredor do ano 2022. “Os datos que Gaia proporcionará arroxarán nova luz practicamente en todos os ámbitos da Astronomía e serán unha referencia durante os vindeiros 50 anos”, engadiron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?