Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ElevenPaths e Gradiant xuntan forzas para innovar en seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ElevenPaths e Gradiant xuntan forzas para innovar en seguridade

Redacción
Publicado: 16/09/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Luis Pérez Freire, director de Gradiant, e Chema Alonso, chairman de ElevenPaths
Luis Pérez Freire, director de Gradiant, e Chema Alonso, chairman de ElevenPaths
Gradiant, Centro Tecnolóxico TIC de Galicia, e ElevenPaths, a unidade de ciberseguridade de Telefónica centrada na innovación en produtos de seguridade, asinaron este venres un acordo marco (MOU, Memorandum of Agreement), a través do que se comprometen a traballar xuntas a prol da innovación en seguridade e privacidade. A sinatura formal do documento celebrouse na sede de Gradiant en Vigo. Este acordo, fixeron saber, “é froito dun traballo conxunto de varios meses”. Asistiron o director xeral do centro tecnolóxico galego, Luis Pérez Freire, e Chema Alonso, chairman de ElevenPaths e CDO (chief data officer) de Telefónica.
Segundo fixo saber Cheman Alonso, “Gradiant é un centro de investigación que, do mesmo xeito que ElevenPaths, aposta pola innovación apoiándose en talento novo e local”. E engadiu: “Este acordo de colaboración permitiranos traballar conxuntamente para innovar en tecnoloxías que melloren a seguridade e privacidade, que son un obxectivo prioritario para ambos”.
Pola súa banda, Pérez Freire afirmou que “esta alianza supón un paso adiante moi positivo na nosa relación con Eleven Paths, e reflicte o valor que Gradiant achega como centro tecnolóxico a unha empresa punteira, baseándose na excelencia técnica e o talento do seu equipo humano”.
gradiant_eleven_paths_acordo.jpgPara Gradiant, o acordo coa filial de Telefónica reforza o seu compromiso coa ciberseguridade desde os seus inicios. Segundo lembrou ao fío do devandito Pérez Freire, “a seguridade e a ciberseguridade son unha clara aposta estratéxica de Gradiant, xunto ás tecnoloxías para a intelixencia e a conectividade”. A seguridade-ciberseguridade, engadiu, “é un dos tres grandes alicerces sobre os que se sustentará o crecemento de Gradiant nos vindeiros anos”.
Eleven Paths e Gradiant coinciden en traballar conxuntamente no diagnóstico e na solución de problemas de protección de datos e comunicacións dos sistemas de seguridade da información, a través da creación conxunta ou separada de diversos proxectos e iniciativas. O documento asinado este venres, coincidiron os responsables de ámbalas entidades, “deixa clara a vontade das dúas partes de concretar formas de colaboración mutua en favor da innovación en seguridade, tanto sobre desenvolvementos do catálogo tecnolóxico actual de Gradiant, como en potenciais novas propostas de I+D abertas á cooperación con terceiras partes”.
eleven_paths_gradiant_acordo_publico.jpgEste acordo e o seu posterior desenvolvemento acompañan tamén á estratexia de internacionalización de Eleven Paths e de Gradiant, que pola súa banda xa está presente en foros e organismos de influencia no ámbito da seguridade e a ciberseguridade a nivel internacional, como por exemplo ECSO (European Cyber Security Organisation) en calidade de membro fundador; ou RENIC (Rede de Excelencia Nacional de Innovación en Ciber Seguridade).
Gradiant e a seguridade
O percorrido de Gradiant en seguridade está avalado polo desenvolvemento dunha extensa listaxe de solucións tecnolóxicas seguras, aplicando os principios de security & privacy by design. Solucións como as baseadas no procesado de datos en dominio cifrado (que permiten realizar análises mentres se preserva a privacidade e identidade dos usuarios) que garanten o procesado de datos confidenciais de forma segura. Ou solucións baseadas en cifrado “homomórfico” e módulos de seguridade hardware (HSMs), que permiten realizar operacións na nube con datos cifrados. Gradiant tamén aplicou a paradigma da IoT (Internet das Cousas) segura en escenarios reais, nos que a seguridade xoga un papel decisivo. Ademais, desenvolve tecnoloxías biométricas baseadas en recoñecemento facial, de sinatura ou de voz, e tamén traballa en tecnoloxías embarcadas en drons e UAV para evitar cousas como a práctica do spoofing (hackeo) dos sinais GPS que guían os vehículos autónomos ou tripulados remotamente.
Ademais, o procesado e a análise intelixente de vídeo que desenvolve Gradiant permite automatizar e simplificar o seguimento e vixilancia en contornas complexas (por exemplo, videovixilancia ou vídeo capturado en tempo real por drons ou UAV).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?