Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UDC buscan xeolocalizar galegos por todo o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UDC buscan xeolocalizar galegos por todo o mundo

Redacción
Publicado: 16/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emapic_mapping_your_feelings.jpgInvestigadores do Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica da Universidade da Coruña (cartoLab), dirixido polo profesor Alberto Varela García, desenvolveron unha aplicación dixital denominada EMAPIC que partindo da idea de que todo pode ser representado nun mapa, mesmo as emocións das persoas, suma un proceso colaborativo de xeolocalización. Este proxecto xurdiu da inquedanza de querer facer un mapa da felicidade das persoas, para o que se pensou que o mellor era preguntar directamente á xente que pensaba e onde estaba.
Do desenvolvemento deste proxecto, dende este verán pasaron a realizar un proxecto de enquisas aos galegos, Mapa dos Galegos, sobre a súa opinión de Galicia identificando a localización dos usuarios no mapa mundial. O obxectivo deste mapa é ubicar a toda persoa que teña unha vinculación directa e clara con Galicia e poder visualizar o impacto de Galicia no mundo, para o que traballan en diversos algoritmos de análise xeoespacial para facer unha explicación da dispersión ou concentración de persoas con sentimento galego en distintos lugares do mundo. Até o momento, máis de 400 persoas de todo o mundo participaron no reto de localizar o maior número posible de galegos e galegas.
emapic_mapa_dos_galegos.jpgMediante unha enquisa a través da web, calquera persoa con vínculos directos con Galicia pode localizarse nun mapa, respondendo ademais a unas preguntas sobre a súa vinculación con esta terra ou o que máis lle gusta dela.
Pese a que o 15% dos participantes declaran non ter nacido en Galicia, o 99% séntese galego sempre ou nalgunha ocasión. A paisaxe é o máis valorado de Galicia, especialmente entre os que viven na propia comunidade autónoma, pero tamén desde lugares como Brasil ou Perú. En Galicia tamén se considera a nosa cultura como algo de especial importancia, aínda que fóra non parece que se aprecie tanto. A xente, para o resto de España tamén é un aspecto a destacar de Galicia, mentres que os que están no estranxeiro tamén botan en falta a súa gastronomía.
A través de EMAPIC tamén podemos visualizar graficamente outros detalles curiosos como a afinidade dos consultados polo Celta ou o Deportivo, o que pode facilitar a divulgación desta ferramenta entre a cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?