Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Re-acciona TIC facilitará a dixitalización das PEME galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Re-acciona TIC facilitará a dixitalización das PEME galegas

Redacción
Publicado: 19/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160919_reacciona_01.jpgO director do IGAPE, Javier Aguilera, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira abriron esta mañá na Cidade da Cultura a xornada técnica centrada en presentar as novidades dos programas Re-acciona e Re-acciona TIC, que buscan dar resposta ás demandas de mellora e profesionalización das PEME Galegas no ámbito da industria 4.0.
O director do IGAPE lembrou que a Xunta de Galicia está a impulsar a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 para procurar que as empresas, especialmente as PEME, dean o salto cualitativo necesario para avanzar no ámbito da cuarta revolución industrial en curso. Salientou tamén a importancia de instrumentos como os servizos achegados polo programa Re-acciona para avanzar en aspectos como a xeración de modelos e simulación industrial ou a posta en marcha de solucións 4.0 nas empresas.
Aguilera destacou que o programa Re-acciona pon a disposición das PEME un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o desenvolvemento estratéxico integral, a redefinición do modelo de negocio, a optimización de procesos de produción e cadea loxística, o relanzamento comercial, os protocolos de sucesión na empresa familiar ou a identificación de aliados e redes de cooperación.
20160919_reacciona_02.jpgPola súa banda, a directora da AMTEGA afirmou que un dos obxectivos do Re-acciona TIC é facilitar a PEME e autónomos a dixitalización do seu negocio e a aplicación de solucións industria 4.0 da man dunha rede de axentes colaboradores, integrada por empresas tecnolóxicas, que os asesorarán e os acompañarán en todo o proceso.
Mar Pereira destacou que, para conseguilo, o Programa ofrece un catálogo de servizos, a un prezo reducido, que abrangue desde a diagnose do grao de modernización tecnolóxica e a identificación das oportunidades de mellora que permitan incrementar a competitividade da empresa, ata servizos de soporte para a implantación de solucións de mobilidade para a incorporación de solucións TIC orientadas mellora da xestión empresarial; e para a implantación de solucións de marketing dixital que permitan optimizar a presenza da empresa en Internet.
O programa está aberto para recibir solicitudes das empresas interesadas, que disporán de sucesivas convocatorias, durante os vindeiros meses, para presentar a súa solicitude.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?