Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega Latingal, app para traducirmos termos latinos ao galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega Latingal, app para traducirmos termos latinos ao galego

Redacción
Publicado: 20/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

latingal.jpgAs novas tecnoloxías son un terreo de grandes potencialidades comunicativas, pero (dende logo) tamén lingüísticas. Son, para entendernos, un xeito de situar o galego no mundo e aos restantes idiomas en relación co noso. Dan man de dous investigadores galegos chéganos, precisamente, unha inesperada proposta de interacción entre linguas: entre o galego e o latín. Falamos da aplicación Latingal, que permite buscar unha palabra latina e atopar a súa definición e equivalentes na nosa lingua.
Foi presentada a semana pasada e parte dunha base de 30.000 entradas. Segundo o seu equipo de creadores (os profesores e tradutores Raúl Gómez Pato e José Carracedo Fraga), é dende logo a primeira das súas características. Polo de agora só está dispoñible para aparellos con sistemas Android, pero estase a traballar na versión iOS.
Con Latingal, Raúl Gómez e José Carracedo cobren unha serie de vertentes de interacción que ata o de agora ficaban baleiras: non existía ata o de agora un recurso tecnolóxico que nos permitise un achegamento tan directo ás relacións e equivalencias existentes entre o latín e o galego, por non falar do potencial de Latingal como recurso investigador e como elemento normalizador das TIC no ámbito lingüístico e cultural. Segundo apuntan os creadores, amais de todo o devandito cómpre engadir outra característica: estamos ante unha ferramenta útil para a tradución e para o ensino medio e superior, “pois ofrece múltiples filtros de busca e permite a consulta dos termos fóra de liña, sen necesidade de conexión”.
Segundo se engade dende o Portal das Palabras, Latingal vén cubrir ademais un oco necesario para a normalización plena da nosa situación cultural e lingüística, ao converter o primeiro Dicionario latín-galego (publicado por Carracedo en Galaxia, 1999) nunha app “con maior versatilidade e posibilidades”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?