Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ganga! chega a Vilagarcía para impulsar o comercio local a través dos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ganga! chega a Vilagarcía para impulsar o comercio local a través dos móbiles

Redacción
Publicado: 20/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ganga_capturas.jpgOs responsables da aplicación galega Ganga! (unha ferramenta destinada a pór en contacto aos clientes dunha localidade cos seus pequenos comerciantes) veñen de anunciar a súa chegada a Vilagarcía. E fanno con novidades, posto que o lanzamento na cidade arousá estase a acompañar da posibilidade de descargar de balde a versión avanzada da aplicación, Ganga Pro, que entre outras cousas permite aos comerciantes subir as súas promocións. Esta tecnoloxía, como lembraremos, foi desenvolvida pola firma compostelá eLaboro. Ganga! foi lanzada nunha primeira fase en Santiago, A Coruña e Pontevedra, co obxectivo de espallarse logo no resto de Galicia.
En palabras dos seus desenvolvedores, “trátase da primeira plataforma de mcommerce feita dende Galicia para o fomento do comercio polo miúdo, as actividades dos profesionais autónomos e as microPEME da nosa comunidade”. Con motivo da súa arribada a Arousa, engaden que “Ganga abre acceso directo dende o noso dispositivo intelixente ao comercio da nosa contorna dando visibilidade a produtos e servizos con independencia da súa localización física, por iso é o escaparate ideal para aqueles que non dispoñen dun local nas zonas comerciais máis céntricas ou para dar a coñecer produtos exclusivos ou artigos perecedoiros”. Entre as súas vantaxes figura precisamente a de non ser un simple escaparate de produtos a bo prezo. De feito, permite aos usuarios facer cousas como saber se dispoñen na súa peixería de referencia dun produto difícil de conseguir, ou decatarse de cando chegan as froitas da tempada á súa froitería. “Ganga é quen de canalizar os intereses de compradores e vendedores galegos e faios confluír nos smartphones”, explican os responsables da ferramenta.
ganga_pro-2.jpgComo dixemos, a chegada a Vilagarcía de Ganga estase a acompañar do lanzamento de Ganga Pro, un lanzamento en promoción que permite (durante un tempo limitado) aos usuarios empregar esta aplicación de balde (descargala, darse de alta e subir contidos). Esta oferta será de aplicación entre os comerciantes, pero tamén entre clientes e empresarios.
Cifras a ter en conta
Segundo explican os creadores de Ganga, máis de 300 comercios déronse de alta só no primeiro mes do lanzamento da ferramenta móbil. Ademais, grazas á publicación de promocións en Ganga por parte dos nosos empresarios e comerciantes, “vendéronse 50 móbiles en tan só media hora en Santiago, 25 tabletas en 25 minutos en Pontevedra, preto dunha tonelada de lagostinos nun establecemento da Praza de Abastos compostelá e unha froitería santiaguesa despachou máis de 1.000 quilos de patacas nun só día”. Para estes comerciantes, engaden, “a aplicación non só serviu para vender estes produtos ou converter en efectivo materiais que en stock, senón para darse a coñecer e para que, unha vez no establecemento, o cliente poida ver outros produtos e promocións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?