Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolle este xoves unha xornada de networking con expertos xermanos en innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolle este xoves unha xornada de networking con expertos xermanos en innovación

Redacción
Publicado: 20/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_coruna_exterior.jpgO Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC) vai acoller este xoves 22 un encontro para tender pontes de colaboración co tecido innovador xermano. A xuntanza, que tamén servirá para coñecer a realidade do país en materia de transferencia tecnolóxica e renovación empresarial, vén da man do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración co Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación e a Cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña. O encontro desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: Innovación e creación de riqueza empresarial: experiencia alemá e posibilidades de cooperación, V Taller de Mercadotecnia Expertise: Innovación aberta e comercialización da innovación. A cita insírese no marco dos obxectivos de internacionalización da Enterprise Europe Network (EEN).
Trátase, máis polo miúdo, dun obradoiro sobre innovación e sobre métodos para impulsar a produtividade e a competitividade. Terá como referencia a experiencia alemá de apoio a empresarios e PEME innovadoras, así como “as posibilidades de colaboración e co-investimento con empresas alemás”. O obxectivo que se persegue con esta xornada é “fomentar o networking con expertos e pequenas e medianas empresas innovadoras en Alemaña”.
citic_xornada_alemana.jpgO encontro contará nos seus paneis coa intervención de dous expertos invitados, quen exporán en primeira persoa a súa visión respecto diso. Por unha banda, Joaquín Soucheiron, experto en investimento e nas metodoloxías para tender pontes de colaboración entre investidores e empresarios. Soucheiron é consultor acreditado da Axencia Bwcon (Waden-Bürtemberg Connected) e conta cunha ampla experiencia como fundador e conselleiro de novas firmas tecnolóxicas.
Por outra banda, tamén intervirá nos paneis de discusión Jürgen Janovsky, profesor da Universidade de Pforzheim e responsable de desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Janovsky é experto en xestión da innovación, transferencia de tecnoloxía e desenvolvemento de PEME e ten ás súas costas anos de experiencia empresarial, ademais de ser consultor de organismos internacionais e da UE.
Programa do encontro
· Mércores 21 de setembro, a partir das 09:45h
Lugar: Santiago, IGAPE en Santiago (Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n. 15703)
11.30h Panel de discusión posibilidades de colaboración e co-investimento con expertos e empresas alemás. Remate ás 13.30h.
· Xoves 22 de setembro, a partir das 11.00h
Lugar: A Coruña, CITIC Centro de Investigación TIC (Rúa O Canedo, 1. Campus de Elviña)
12.15h Panel de discusión posibilidades de colaboración e co-investimento con expertos e empresas alemás. Finalización ás 14.15h
· Xoves 22 de setembro, a partir das 18.15h
Lugar: A Coruña, Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña)
Nesta sesión non haberá panel de discusión. Finalización ás 19.30h.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?