Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os investigadores apelan ao uso comunitario e participativo das TIC para salvar a nosa microtoponimia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os investigadores apelan ao uso comunitario e participativo das TIC para salvar a nosa microtoponimia

Redacción
Publicado: 20/09/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O presidente da RAG, Xesús Alonso Motero, e o deputado (Deputación de Pontevedra) Xosé Leal
O presidente da RAG, Xesús Alonso Motero, e o deputado (Deputación de Pontevedra) Xosé Leal
Entre outras moitas cousas que protexer, a sociedade galega ten a responsabilidade de coidar e preservar para as súas xeracións vindeiras os seus nomes de lugar. Non tanto os topónimos máis coñecidos e que designan núcleos e emprazamentos de certa entidade, para os que non existe tanto nivel de risco (de feito o proxecto tecnolóxico toponimia.xunta.gal, xa activo, encamíñase directamente a rexistralos e velar por eles), senón máis ben o que se coñece como microtopónimos. Para facérmonos unha idea do reto que temos os galegos ante nós, a Real Academia Galega (RAG) vén de dar a coñecer que arestora só están rexistrados arredor de medio millón de microtopónimos. Fican pendentes de salvagardar un millón máis. Así o fixo saber o presidente da RAG, Xesús Alonso Motero, na Xornada de Onomástica Galega celebrada os días pasados. Segundo indicou o máximo responsable da entidade, “corremos o risco de perder este tesouro se non se acelera a súa recolleita”. As novas tecnoloxías xogan, neste punto, un papel fundamental.
O encontro, organizado pola Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra, celebrouse no Museo de Pontevedra. Segundo informa a RAG, a xornada concibiuse como “un curso para formar formadores”, persoas que non teñen que ser grandes expertos en toponimia, senón só contar “con certa pericia e erudición lingüística para seren capaces de achegar aos institutos de ensino, ás asociacións de veciños ou comunidades de montes uns coñecementos básicos para recoller con fiabilidade topónimos que hoxe poden ser recolleitos e que quizais dentro de 24 horas xa non”.
Na inauguración do acto tamén interveu o deputado Xosé Leal, quen salientou por unha banda a importancia de preservar a nosa toponimia, e pola outra a relevancia de loitarmos contra a súa deturpación, práctica que “é un mal que se está a reproducir en maior medida hoxe en día, mesmo desde as institucións”, sinalou. O deputado avogou tamén pola introdución das novas tecnoloxías na recollida como forma de achegarse á mocidade e involucrala, porque “é o futuro e a encargada de preservar o pasado”.
Na xornada tamén interviñeron Xosé Lois Vilar (achegando aos presentes ao labor de recollida de talasonimia desenvolvido en Baiona, un traballo aínda por completar que sumou ata o momento cerca de 1.300 microtopónimos costeiros e mariñeiros), Anxo Rodríguez Lemos (que introduciu aos asistentes no traballo do Instituto de Estudos Miñoráns para xuntar forzas coas comunidades de montes a prol da preservación de toponimia e microtoponimia) e María Abelleira Fontán (propoñendo un achegamento a Chamámonos así, proxecto da Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra a través do cal quérese rexistrar a toponimia viva na memoria das persoas que habitan as parroquias da contorna, xeorreferenciala e crear unha base de datos de acceso público para a consulta e a investigación).
Voluntarios internautas
Na xornada, rica en presentacións, propostas e ideas para proxectos vindeiros, tamén se deu a coñecer a metodoloxía da aplicación de recolleita xeorreferenciada na que está a traballar a Real Academia Galega a través do Seminario de Onomástica. Segundo se fixo saber, este departamento, en colaboración coa axencia AMTEGA, quere impulsar unha aplicación colaborativa en liña para a recolleita, a xeorreferenciación e a difusión da microtoponimia nunha única base de datos. Segundo fixo saber Vicente Feijoo, responsable de toponimia do Seminario, esta nova ferramenta “permitirá que o voluntariado cultural de Galicia, desde unha tableta ou un teléfono intelixente, poida facer recolleita da microtoponimia da súa aldea, parroquia ou concello e, segundo unha metodoloxía predefinida, introducila nunha base de datos e emprazala xeograficamente”. Tameń engadiu que estes nomes, logo de seren examinados e contrastados por especialistas e informantes (a través dun foro específico), pasarán a integrar o banco de topónimos normalizados de toda Galicia, de acceso libre a través de toponimia.xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?