Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Teimas Desenvolvemento, exemplo de innovación tecnolóxica no sector da reciclaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Teimas Desenvolvemento, exemplo de innovación tecnolóxica no sector da reciclaxe

Redacción
Publicado: 20/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160920_teimas_01.jpgO director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo esta mañá un encontro en Santiago de Compostela cos directivos de Teimas Desenvolvemento, empresa da que destacou a súa especialización e capacidade tecnolóxica no sector da reciclaxe, onde salientou que a compañía santiaguesa xestiona os residuos de máis de 150 clientes industriais de todo o territorio nacional coa súa ferramenta Teixo, unha plataforma na nube para a xestión integral de empresas produtoras, xestoras e transportistas.
No ano 2015, xestionou 1,6 millóns de toneladas de residuos perigosos, o que representa o 30% do total dos residuos perigosos trasladados en España, e proporcionou servicio a 36.600 produtores de residuos para o que empregou 1.600 transportistas. Esta ferramenta tamén permitiu xerar mais dun millón de documentos medioambientais e realizar a súa tramitación electrónica coa administración correspondente.
20160920_teimas_02.jpgTras o encontro cos fundadores, Cividanes destacou o compromiso da compañía por promover accións responsables co medio ambiente con varias iniciativas, entre as que destacou o proxecto Tropa Verde, unha iniciativa social na que participan máis de 2.000 cidadáns de Santiago de Compostela e 100 establecementos do comercio local.
Constituída no ano 2008, Teimas Desenvolvemento, na que colabora Xesgalicia, emprega a 11 traballadores. Aínda que a maioría dos seus clientes atópanse en España, tamén conta con presenza en países como Andorra e Chile.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?