Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae amósanos como actuar da maneira máis axeitada e eficaz perante un ciberataque
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae amósanos como actuar da maneira máis axeitada e eficaz perante un ciberataque

Redacción
Publicado: 21/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade.jpgVitae Consultores prepara unha importante actividade formativa para formarnos en recursos avanzados para protexer un dos bens máis prezados da sociedade na que vivimos: a información. Máis polo miúdo, o que busca a consultora galega é achegar metodoloxías útiles para sabermos como actuar, da maneira máis axeitada e eficaz posible, ante un problema de roubo de datos ou semellante. A segunda edición do curso Protocolos ante Ciberataques e Incidentes en Seguridade TIC (formato PDF) vaise celebrar na Coruña os días 14, 15, 21 e 22 de outubro. Serán 20 horas de contidos.
Aprenderásenos, entre outras cousas, a sabermos actuar en caso de incidente TI, os pasos que cómpre dar para facilitar unha solución e encarreirar unha posible investigación, distinguir entre incidentes que constitúen delito e os que non, ou poñer en práctica medidas que eviten roubos de información.
Segundo sinala Vitae Consultores, hoxe en día é especialmente relevante para moitos profesionais TI contar cos coñecementos (tecnolóxicos, técnicos, legais, de procedemento) e as habilidades máis avanzadas en materia de protocolos e accións a seguir a prol da ciberseguridade. “Cando os ingresos proveñen de Internet ou das TIC, ou cando os servizos empréstanse pola Rede ou a través das TIC, ou cando na produción industrial utilízanse de maneira importante as novas tecnoloxías da información, as empresas e os organismos están a concienciarse da importancia de asegurar estes activos”, lembra Vitae a propósito da importancia dos contidos do devandito curso para os nosos profesionais. A actividade formativa está dirixida, sobre todo, a administradores de sistemas TI responsables da seguridade e a administración de activos informáticos ou a calquera profesional que teña responsabilidade sobre estes activos.
O seminario abranguerá 20 horas de formación en catro xornadas de cinco horas. Os venres o horario será de 16.00 a 21.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas. O lugar elixido para o desenvolvemento do curso é, unha vez máis, o Hotel Attica 21 da Coruña. O encargo de impartir os contidos será Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Guardia Civil de Pontevedra. Sotelo é diplomado en Policía Xudicial pola Universidade Complutense e en Investigación Tecnolóxica pola Garda Civil, Europol e Interpol. É formador en cursos relativos á seguridade informática e a investigación tecnolóxica. A día de hoxe é garda civil e exerce como responsable do devandito equipo pontevedrés dende a súa creación en 2003.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?