Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra pon SmartPEME ao servizo do tecido produtivo de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra pon SmartPEME ao servizo do tecido produtivo de Vigo

Redacción
Publicado: 22/09/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

caballero_silva_smartpeme_presentacion.jpgEste xoves a Deputación de Pontevedra presentou en Vigo o seu programa SmartPEME, unha iniciativa que substitúe a antiga Rede CPAE 2.0, que ten diferentes centros de operación (Vigo, Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín e Ponteareas) e que se caracteriza por ofrecer a empresas, autónomos e profesionais múltiples actividades formativas e divulgativas en materia de ferramentas dixitais. A presentación celebrouse pola mañá no Centro de Asesoramento SmartPEME de Vigo. Na cita, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrou que SmartPEME está ao servizo do tecido empresarial da cidade e da súa contorna e que se trata “dunha rede de asesoramento, formación e información para a posta en marcha de proxectos, pero tamén para a mellora daqueles que xa existen pero que poden ser mellorados a través das novas tecnoloxías da información”.
Silva explicou tamén que a Deputación de Pontevedra ten en marcha SmartPEME coma un programa “que quere estar ao carón da innovación, dos emprendedores e emprendedoras, dos autónomos e autónomas e das medianas e pequenas empresas da cidade de Vigo e de toda a súa área”. Igualmente, recordou que “máis do 90% das empresas da área de Vigo son PEME”, e que, polo tanto, “resultaralles de moita utilidade un instrumento coma SmartPEME, que lles permitirá obter maiores beneficios, maior presenza nacional e internacional, mellores resultados, e, en consecuencia, maior eficacia cun claro obxectivo, crear empresas e traballo na zona”.
2.000 firmas asesoradas
Na presentación tamén se fixo saber, a un nivel máis xenérico, que a través de SmartPEME a Deputación asesora hoxe en día a máis de 2.000 empresas na provincia. Ademais, sinalou Silva, trátase dunha cifra en aumento, xa que “cada día son máis os emprendedores e emprendedoras que se suman ao proxecto e, tamén, cada vez máis concellos colaboran para que o programa sexa unha ferramenta útil para apoiar ao tecido empresarial de cada contorna”.
Silva tamén tivo palabras de agradecemento ao alcalde Abel Caballero, que tamén participou no acto e que, segundo a presidenta, está a brindar o apoio para que SmartPEME “cree na cidade unha grande rede de traballo conxunto entre Administracións e tecido empresarial”. O alcalde, pola súa banda, salientou que o programa é “unha demostración máis de que estamos ante unha nova Deputación, unha nova forma de entender a relación entre institucións para tratar cuestións tan importantes como o apoio ás empresas”. E engadiu: “Por primeira vez na historia, imos xuntos Deputación e Concello en algo como establecer novas pancas de competitividade e tecnoloxías nas pequenas e medianas empresas”.
Charlas e coloquios
Na presentación, amais de presentarse as características de SmartPEME, completouse a xornada cunha serie de charlas e coloquios para favorecer o networking entre o tecido empresarial da zona. O experto Pablo Galiana impartiu unha charla coloquio sobre transformación dixital das PEME, e, con posterioridade, as persoas asistentes puideron participar na presentación de dúas empresas, unha de Pontevedra e outra de Vigo, “moi internacionalizadas” e que foron capaces de pór en marcha proxectos hoxe xa consolidados.
Seis sedes de seu
O proxecto SmartPEME é un novo servizo de apoio e asesoramento orientado á mellora competitiva de empresas e profesionais e á mellora nas vendas e á eficacia das tarefas, a través das tecnoloxías da información. Para acadalo, a rede conta con seis centros de asesoramento (Vigo, Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín e Ponteareas), dende onde se ofertan actividades e servizos e onde o tecido empresarial pode atopar todo tipo de información e apoio. A rede traballa agora man a man cos concellos, na procura de que o proxecto se oferte coma un servizo propio dos municipios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?