Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BATA e a galega Dos Espacios crean unha app para axudar a persoas con trastorno de espectro autista
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BATA e a galega Dos Espacios crean unha app para axudar a persoas con trastorno de espectro autista

Redacción
Publicado: 22/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Santiago Paz, de Dos Espacios, en medio de Fausto García e Nacho Rey
Santiago Paz, de Dos Espacios, en medio de Fausto García e Nacho Rey
Onte presentábase unha aplicación de balde para emprestar axuda a persoas con trastorno do espectro autista. A app móbil, chamada INEIP, foi levada a cabo pola empresa Dos Espacios de Vilagarcía de Arousa financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes partindo da base que a asociación BATA leva desenvolvendo dende hai un ano de cara á orientación laboral das persoas con necesidades específicas. Indo á aplicación, cómpre dicir que é para dispositivos móbiles con sistema operativo Android e que tentará facer máis doada a tarefa dos orientadores laborais que traballan con autistas ou persoas con diversidades intelectuais permitindo a estes últimos atopar a súa verdadeira vocación.
A aplicación, Instrumento de Evaluación de Intereses Profesionais (INEIP), xa foi testada con catorce mozos de BATA e outra vintena de dous colexios de educación especial de Barcelona e Murcia. A aplicación xa está dispoñible de maneira gratuíta para todo tipo de colectivos que empresten apoio a persoas con autismo ou outras características.
O proxecto parte dunha aplicación máis rudimentaria para computador que BATA vén empregando dende 2006. A nova app mellóraa e optimízaa e está a traballar nunha versión mellorada máis encamiñada a persoas que xa atoparon emprego, para facilitarlles a adaptación ao seu posto de traballo.
Na presentación desta versión, dirixida por Fausto García (presidente de BATA), Ignacio Rey (coordinador do servizo de emprego da asociación), Santiago Paz e Víctor Barros (de Dos Espacios) púidose ver que mediante o uso de pictogramas e vídeos gravados (en empresas locais e en situacións reais) é posible dirixir e axudar ao usuario a través de dezaseis preguntas nas que terá que elixir entre distintas profesións dos sectores agroforestal, mecanización, servizos e administrativo. Con estes datos, fíxose saber, o sistema elabora un informe sobre o sector profesional que máis lle interesa á persoa en cuestión e as competencias que necesita para desenvolver ese traballo de maneira eficaz. O obxectivo é que os autistas “poidan tomar unha decisión consciente e informada sobre algo tan importante como a súa vida laboral”, explica Ignacio Rey, que agarda que a aplicación “chegue a moitas persoas con autismo e necesitadas de apoio e lles sexa útil”.
Así, o servizo de emprego que el dirixe, asesora a uns 170 mozos e conseguiu inserir no mercado laboral a outros corenta. A maior parte mozos de entre 16 e 25 anos que remataron a ESO pero “que non son quen de seguir estudando e buscan acceder a outro tipo de formación ou a unha actividade remunerada”, apunta Rey, que incide en que a aplicación ideada por BATA conta co respaldo da Asociación Española de Emprego con Apoio (AESE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?