Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte Caldelas estrea rexistro electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte Caldelas estrea rexistro electrónico

Redacción
Publicado: 28/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ponte_caldelas_administracion_electronica.jpgA pasada semana o Concello de Ponte Caldelas anunciaba o seu afianzamento definitivo no ámbito da Administración Electrónica, eliminado o papel e empregando (o alcalde, os concelleiros do grupo de goberno e os traballadores públicos) a sinatura dixital e o Rexistro Electrónico. Emporiso, era hoxe cando o Concello pontevedrés estreaba este eRexistro, cumprindo así co prazo legal do 2 de outubro para adaptarse a unha lei que mudará o engrenaxe de todas as administracións públicas.
Segundo o alcalde, Andrés Díaz, o Concello de Ponte Caldelas métese de cheo no século XXI a través de tres frontes complementarios: o político (coa sinatura dixital e todo tipo de notificacións aos concelleiros a través de novos soportes), o funcionarial (coa tramitación dos expedientes) e o público (cun novo xeito de relacionarse cos cidadáns).
Cómpre sinalar que o cambio máis significativo vén dado pola introdución do Rexistro Electrónico, isto é: os cidadáns poderán presentar solicitudes e todo tipo de instancias durante as 24 horas dos 365 días do ano a través do soporte web municipal. Até o punto de que as solicitudes que se rexistren de xeito presencial (formato papel) serán dixitalizadas polo persoal da oficina de Rexistro para a súa conversión a formato electrónico.
Dende agora, o Concello de Ponte Caldelas abandona o papel na tramitación dos expedientes, que pasan a ser electrónicos. Engadir que só as comunicacións cos cidadáns sen medios suficientes para relacionarse coas novas tecnoloxías continuarán realizándose polo método tradicional.
Alén disto, o Concello de Ponte Caldelas empregará o Centro de Procesamento de Datos da Deputación Provincial para o arquivo dos expedientes que vaia xerando e dos xa pechados que se decida dixitalizar por razóns de utilidade pública, polo que o voluminoso Arquivo Municipal pasará tamén ao mundo dixital.
E que vai supor esta mudanza para os cidadáns? Pois non só poderán presentar de xeito telemático todas as solicitudes e documentos administrativos, senón que tamén poderán consultar dende a súa casa o estado dos expedientes nos que teñan a condición de interesado.
Por último, sinalar que a responsable desta xestión foi a plataforma de esPublico Gestiona, tanto para introducir o sistema como para a formación do persoal municipal e todos os resultados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?