Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago convoca axudas para dixitalizar o comercio local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago convoca axudas para dixitalizar o comercio local

Redacción
Publicado: 28/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_santiago_marta_lois.jpgO Concello de Santiago ten entre mans unha serie de incentivos para subir aos comercios locais ao carro das novas tecnoloxías da información, ferramentas de gran utilidade para a xestión, a comunicación, a promoción e mesmo para a distribución dos seus produtos. Así o deu a coñecer a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, que presentou esta mesma mañá as bases da convocatoria de axudas para a reforma de locais de negocio, implantación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e incorporación de innovacións no sector comercial. Destínase un total de 25.000 euros.
Lois fixo saber que “se trata do primeiro ano no que poñemos en marcha dende o Departamento de Comercio este tipo de axudas, que tratan de fomentar a cultura da innovación no pequeno comercio”. E engadiu: “Queremos dotar ao comercio de proximidade das ferramentas precisas para conseguir a súa modernización e que aumenten así a súa competitividade de cara ás grandes superficies”.
Nun plano máis detallado, dixo que se van subvencionar “aqueles investimentos relacionados coa incorporación de novos produtos, procesos, métodos de comercialización ou de organización empresariais”.
Esta convocatoria de axudas vai destinada a financiar os investimentos realizados.
Segundo engadiu, teranse en conta na valoración das solicitudes presentadas o volume do investimento realizado (cun punto os inferiores ou iguais a 2.000 euros, con 2 os inferiores ou iguais a 5.000 e con 3 os superiores a 5.000); o tamaño da empresa (que non supere as cinco persoas traballadoras); a forma xurídica (terán prioridade as cooperativas e as de inserción laboral); o uso do galego; a empregabilidade da muller; o fomento do asociacionismo; o emprego xuvenil e o tamaño do establecemento comercial.
Ao presente programa destínase unha partida de 25.000 euros, aínda que a contía máxima por persoa beneficiaria será de 4.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?