Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Telefónica da UVigo comezou curso cun completo achegamento ás vantaxes da Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Telefónica da UVigo comezou curso cun completo achegamento ás vantaxes da Industria 4.0

Redacción
Publicado: 29/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_catedra_telefonica_arrinque_actividades.jpgA xeito de arranque das actividades do novo curso, a Cátedra Telefónica da Universidade celebrou este mércores unha Xornada sobre Industria 4.0. A cita foi na Escola de Enxeñería Industrial e nela participaron especialistas de diversos ámbitos neste novo concepto de producir: máis sustentable, máis eficiente e eficaz, máis rendible, menos custoso, mellor xestionado e, en definitiva, máis intelixente. Participaron expertos de Telefónica, do grupo PSA e de Navantia e a eles uníronse o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez. Mato e Menéndez coincidiron no frutífero desta colaboración UVigo-Telefónica e fixeron un balance “extraordinariamente positivo” dos tres anos de andaina da devandita colaboración.
Segundo fixeron saber, da Cátedra abrollou ao longo de tres anos un número moi relevante de seminarios, xornadas e conferencias, “que espertaron un elevado interese, sobre todo entre o alumnado”. Destas actividades puxeron como exemplo o congreso Smart Cities, o Foro Tecnolóxico de Emprego ou o encontro Hack for Good, “que tivo un gran impacto tanto dentro como fóra da Universidade”, sinalou Menéndez. Na mesma liña pronunciouse o reitor, que fixo fincapé na “clara vocación da Universidade por colaborar coas empresas e co mundo real”, un eido no que as cátedras se amosan ao seu modo de ver como “un instrumento ideal” de colaboración.
O primeiro dos relatorios correu a cargo do responsable de Novos Negocios IoT (Internet of Things) de Telefónica Dixital, Alejandro Cadenas, que achegou a visión da súa compañía sobre as claves para o futuro da industria 4.0 en España. A continuación, o responsable de proxectos de innovación en Procesos do Grupo PSA, Juan José Areal, abordou os cambios que está a sufrir o sector do motor coa incorporación das novas tecnoloxías e a súa adaptación á nova realidade. Logo, o xefe do Departamento de Sistemas para a Enxeñaría de Navantia, Miguel Vilar Montesinos, debullou as vantaxes da aplicación de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada ao sector naval (eficiencia, redución de erros de deseño e fabricación e diminución de custes), partindo do exemplo do propio estaleiro, que na actualidade conta con dous centros de deseño virtual. A maiores, Cadenas, Areal e Vilar debateron tamén sobre a relevancia da industria 4.0 para o desenvolvemento industrial galego nunha mesa redonda moderada polo catedrático vigués José Carlos Prado.
De xeito complementario, o catedrático da Universidade de Vigo José Cidrás, director da Cátedra, aproveitou esta xuntanza para informar sobre as actividades que se levarán a cabo ao longo deste ano académico: máis cursos e obradoiros de formación, unha nova edición de Hack for Good e unha vertente de actividade máis marcada cara aos MOOCS, “un eido no que a Universidade xa está a traballar, pero no que tamén é importante contar co asesoramento de Telefónica, sobre todo no referido á formación do profesorado que está interesado en pór en marcha cursos deste tipo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?