Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo xuntará os nosos profesionais referentes no mundo para que nos conten as súas experiencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo xuntará os nosos profesionais referentes no mundo para que nos conten as súas experiencias

Redacción
Publicado: 29/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo_talento.gal.jpgA vindeira semana, os días 6 e 7 de outubro a asociación Ineo (a alianza de empresas galegas do sector TIC) organizará na sede de AFundación (no 24-26 da rúa Policarpo Sanz de Vigo) un foro de networking co que se quere amosar o alto nivel dos nosos profesionais no mundo ao que tempo que se celebra o décimo aniversario da dita asociación. Neste encontro atoparanse 16 profesionais galegos que traballan no estranxeiro ocupando postos salientables en empresas tecnolóxicas de referencia a nivel internacional compartirán as súas experiencias, plans de futuro e posibilidades de colaboración con empresas de Galicia. Cómpre subliñar que todo isto se atopará inserido na iniciativa Talento.gal, posta en marcha por Ineo.
Con esta reunión preténdense crear sinerxías e tirar proveito desa rede de contactos de alto nivel que supoñen os profesionais galegos no exterior. Trátase, entón, de orientar ás firmas da nosa Comunidade para que coñezan en que traballan nas súas compañías e que colaboracións poderían propor.
En palabras de Ineo, “este foro podería traducirse nunha porta de entrada a investigadores que buscan empresas para pór en mercado as súas solucións, xa que por esta vía abriríase un camiño para chegar a firmas de terceiros países con moito máis percorrido neste eido”.
A asociación tamén lembra que a súa experiencia (estes dez anos de intensa actividade defendendo as nosas empresas e favorecendo a súa procura de novos mercados), entre outras moitas conclusións, achega a seguinte realidade: no sector tecnolóxico o talento galego está amplamente presente no mundo. Este é o motivo polo que nesta primeira edición a iniciativa Talento.gal se centre no sector TIC, aspirando a ampliarase en vindeiras citas a outros ámbitos. Microsoft, Warner Music, Visa, Siemens, Orange, Cern, Telefónica USA ou Vasco Data Security son algunhas das firmas que representan os profesionais que se darán cita na xuntanza da vindeira semana.
Talento.gal é unha contribución de Ineo que conta co apoio do IGAPE, da Xunta de Galicia e dos fondos europeos FEDER. Trátase dunha iniciativa de longo alcance que busca abrirse a outros axentes, alén do empresariado: universidades que queiran manter o contacto cos seus alumnos, colexios profesionais que queiran identificar onde están os seus profesionais máis recoñecidos, administracións públicas que desexen facer seguimento a circulación do talento… Dito doutro xeito: que se converta nun observatorio do talento galego a nivel mundial e unha rede de intercambio de experiencias.
Amais de presentar este programa e debater e reflexionar acerca do noso pulo creativo en materia empresarial e innovadora, Ineo celebrará os seus dez anos de vida ademais de presentar a súa nova xunta directiva. Terá lugar na mesma sede de AFundación 6 de outubro, ás 19.30 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?