Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae amosa como sermos máis eficaces na xestión de múltiples proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae amosa como sermos máis eficaces na xestión de múltiples proxectos

Redacción
Publicado: 29/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador_teclas-2.jpgVitae Consultores presentounos estes días unha nova actividade formativa de seu destinada a facilitarnos o noso xeito de traballar en iniciativas de desenvolvemento, incrementando ao máximo a eficacia e a rendibilidade. Trátase do Curso Xestión Multiproxecto: Onde as metodoloxías de predición e áxiles non chegan (PDF). O obradoiro, que terá unha duración de 20 horas, desenvolverase na Coruña (Hotel Attica 21) os venres e sábados 21, 22, 28 e 29 de outubro. Segundo informa Vitae ao propósito das razóns para proporcionar este curso aos nosos profesionais, a idea é facer máis eficaz e doado todo o que ten que ver coa responsabilidade dos mesmos sobre varias liñas de traballo a realizarse maneira simultánea, unha práctica por outra banda cada vez máis habitual nas nosas empresas.
“Esta simultaneidade”, engade Vitae, “fai que a xestión de cada un dos proxectos adquira meirande complexidade, ao que cómpre engadir a confluencia dos mesmos e a consecuente aparición de aspectos que non aparecían en contornas mono-proxecto”. Este curso está pensado, precisamente, para aprendermos a tratar estas complexidades. E facelo, ademais, de xeito sistemático e controlado, “evitando así que a confluencia de varias iniciativas a desenvolver sexa determinante de máis dificultades cás que poida ter cada proxecto en si mesmo e de maneira illada”. Segundo explica Vitae, “coñecendo os obstáculos engadidos e a metodoloxía para afrontalos, a xestión multiproxecto non será causa de descontrol nin de adiamentos adicionais nas tarefas a desenvolver”.
Punto por punto, estes son os obxectivos do obradoiro: entender e colaborar na elaboración de programa de proxectos e orzamentos, priorizar proxectos e actividades, aplicar unha metodoloxía de xestión multiproxecto, optimizar o emprego de recursos compartidos, realizar a axeitada coordinación de iniciativas e asegurar unha información adecuada sobre os proxectos aos clientes (especialmente cando para un mesmo cliente lévanse a cabo varias iniciativas).
O obradoiro vai dirixido sobre todo a directores de operacións, xefes de proxectos, xerentes relacionados con operacións, responsables de oficina de proxecto, responsables de oficina de calidade e metodoloxía, coordinadores de equipos de persoas con participación en múltiples proxectos, responsables en áreas de negocio da supervisión e control das diferentes liñas de traballo, etc.
Os contidos serán impartidos por José Luis Benito Igualador, licenciado en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid e con máis de 35 anos de experiencia en relación coas comunicacións e as TIC, área esta última na que desenvolveu o seu traballo tanto en labores de desenvolvemento e integración de sistemas como nas de explotación e nas de organización, planificación, estratexia e calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?