Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 3.000 emprendedores e expertos en innovación participan estes días en Spin 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor de 3.000 emprendedores e expertos en innovación participan estes días en Spin 2016

Redacción
Publicado: 30/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

spin_2016_apertura.jpgSpin 2016, o evento que converte estes días Santiago na capital do emprendemento innovador e universitario, chega hoxe ao seu “ecuador” de actividades, con obradoiros e conferencias nos que participan máis de 3.000 persoas (estudantes, emprendedores, inversores, académicos e representantes de universidades de toda América Latina, España e Portugal), 70 relatores e un centenar de proxectos emprendedores, que se darán cita en Compostela ata este sábado. O evento inaugurouse onte ao mediodía logo dunha clase maxistral coo músico arxentino Gustavo Santaolalla (gañador de dous Premios Oscar á Mellor Banda Sonora por Babel e BrokeBack Mountain) e prosegue hoxe e mañá coa presentación dos 15 proxectos seleccionados para o foro de investimento internacional SmartMoney4Stars e dos 30 finalistas do programa Model2Market (estes últimos competirán o sábado polos 100.000 euros en premios na Pitch Competition de Spin 2016).
Segundo informou a organización (RedEmprendia) na cerimonia de apertura, a listaxe de actividades a desenvolver estes días non deixa oco sen cubrir no que se refire a recursos para favorecer o emprendemento entre a mocidade universitaria. O obxectivo, sinalou, é “darlles apoio para facer realidade os seus proxectos e facilitar o acceso a financiamento para aquelas startups nadas do talento e a investigación das universidades iberoamericanas”.
spin_web-2.jpgNa cita, como dixemos, están a participar un centenar de iniciativas emprendedoras (seleccionadas entre máis medio milleiro de propostas de 18 países) dándose a coñecer na Cidade da Cultura de Santiago (sede de Spin 2016) durante a celebración da xuntanza, tras recibir o apoio de RedEmprendia a través dos programas Model2Market e SmartMoney4Stars.
Os asistentes tamén teñen a oportunidade de aprender de expertos e mentores que lles achegarán novos coñecementos en áreas lave para desenvolver os seus negocios, como a propiedade intelectual e industrial, o acceso a novas fontes de financiamento, a aplicación do design thinking para solucionar problemas ou crear novos produtos, ou como prepararse para conquistar a potenciais investidores e socios.
Sobre Spin2016
Spin2016 é unha iniciativa de RedEmprendia, co organizada con Banco Santander, a través de Santander Universidades, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Xunta de Galicia. Conta ademais co apoio da Deputación de A Coruña, Estrella Galicia, Fundación EY, Indra, Gas Natural Fenosa, Google, Paypal, Tecnocom, a Fundación Paideia e a Cátedra UPM-Clarke, Modet & Cº España, e a colaboración de máis de medio centenar de organizacións públicas e privadas e universidades.
Model2Market
Model2Market, programa deseñado ao abeiro de Spin2016, diríxese a axudar a quen está a piques de crear unha empresa. Entre os 100 semifinalistas presentados este verán figuraban sete proxectos emprendedores saídos das universidades galegas (cinco da USC e os outros dous da UDC e UVigo). Figuraban neste top 100 interesantes e destacadas propostas tecnolóxico-dixitais da nosa terra, como por exemplo CloudDADIS ou Cogomelo Games. Os semifinalistas recibiron asesoramento do IC 2 Institute da Universidade de Texas para perfeccionar os seus proxectos de cara á selección final.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?