
Televés Escandinavia ten a súa sede na cidade sueca de Trelleborg e estará dirixida por Carlos Rodríguez Suañez, executivo de Televés e gran coñecedor dos mercados nórdicos. Dicir que arestora, a cota da compañía compostelá nos mercados escandinavos e nórdicos sitúase arredor do 20%. O plan estratéxico da nova filial prevé elevar esa penetración ata o 50% nun prazo de cinco anos, espallándose ata os países bálticos (Estonia, Letonia e Lituania).
Para acadar estas metas, sinala a compañía, “poranse en marcha plans de negocio específicos de cara a tirar proveito das oportunidades do Dividendo Dixital e o despregamento das tecnoloxías móbiles 4G e 5G, así como o desenvolvemento das redes de datos de alta capacidade, nicho no que a compañía ten un bo posicionamento coas súas solucións CoaxData e FibreData”. Outras oportunidades estarán vinculadas á introdución de redes para operadores locais (redes HFC/FTTX vía LAN/XGPON e puntos de acceso con tecnoloxías sen fíos), nos que Macab xa conta con cota de penetración.
Alén disto, outra das metas de Televés será o sector da saúde e a atención sanitaria (hoteis, hospitais, residencias…), “pois”, informa, “nunha contorna xeográfica onde a transmisión de TV é 100% dixital, aínda unha alta porcentaxe destes edificios distribúe servizos de maneira analóxica”. Para solucionar isto Televés conta con perspectivas en dixitalización de cara a este sector con solucións IPTV e sistemas Dixital Signage.
Engadir que coa apertura desta da oficina escandinava, a Corporación Televés amplía a súa rede de filiais internacionais, presentes xa en Portugal, Francia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Polonia, Rusia, Estados Unidos, China e Emiratos Árabes.
Televés crea filial escandinava
Compartir Este Artigo

