Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Case o 83% dos nosos consistorios contan con programas de software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Case o 83% dos nosos consistorios contan con programas de software libre

Redacción
Publicado: 03/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado_computador.jpgO Observatorio da Sociedade da Información de AMTEGA vén de dar a coñecer unha serie de datos que certifican o crecemento das ferramentas de código aberto entre as nosas entidades locais, unha información que corrobora a utilidade e competitividade das mesmas e que consolida, tamén, un vieiro de adquisición de novas ferramentas menos custoso para as arcas e con meirande marxe de adaptación de cara ás necesidades de cada institución. Segundo se fai saber no informe Software Libre nos Concellos de Galicia, o 82,6% dos consistorios dispón de programas de fonte aberta no seu equipamento informático, ben en ordenadores de usuario ou servidores, rexistrando un incremento de 3,1 puntos porcentuais no último ano.
“Máis polo miúdo”, dise na investigación, “o 77,1% dos concellos galegos contan con software libre nos equipos informáticos de usuario e o 47,3% dos concellos contan con ferramentas libres nos seus servidores”.
No informe, que abrangue e pescuda o último trimestre do ano 2015, tamén se salientan certas peculiaridades sobre o espallamento deste tipo de ferramentas, que non semella uniforme. De feito, apúntase a que teñen meirande presenza nas aplicacións que nos sistemas operativos dos computadores (os concellos con aplicacións open source nos computadores duplican aos que contan con sistemas operativos da mesma índole).
Por outra banda, engádese, “case a metade dos concellos galegos, que contan cun xestor de contidos de portais e páxinas web, optan pola modalidade de software libre, concretamente o 48,1%, superando en 7,4 puntos ao software privativo”.
Ademais, na investigación tamén se indica que máis do 50% dos nosos municipios que teñen web con documentos en descarga optan “exclusivamente” por estándares abertos, máis polo miúdo o 51,7%. Por outra banda, o 40,1% dos concellos emprega as dúas tipoloxías de estándares e un 6,2% emprega de maneira única estándares pechados.
Os porqués dos baleiros
Respecto ás razóns e os porqués de que non haxa aínda máis presenza de programas open source, o informe sinala que o principal motivo é a falta de formación (64,8%), seguido polo descoñecemento ou a falta de información e a falta de persoal ou de cualificación, estas dúas causas acadan o 56,4% e o 56,2%, respectivamente. Porén, tamén se indica que o 80% dos concellos galegos consideran que o software libre aumentará ou manterase nos vindeiros dous anos. “A principal acción que se demanda dende os concellos para a promoción do software libre é a formación aos usuarios nesta materia (83,8% dos concellos), seguido polo asesoramento ao caso concreto do concello cun 75,9%”, engádese na investigación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?