Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Veraleza e Termaria súmanse á campaña de vídeo-experiencias divulgadoras das TIC lanzada por AMTEGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Veraleza e Termaria súmanse á campaña de vídeo-experiencias divulgadoras das TIC lanzada por AMTEGA

Redacción
Publicado: 03/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

veraleza.jpgO Centro Demostrador TIC da axencia AMTEGA puxo en marcha unha iniciativa divulgativa de interese para as nosas empresas, sobre todo para aquelas que estean entrando nun proceso de dixitalización dos seus recursos (ou a piques de facelo). Trátase dun ciclo de vídeo-experiencias no que directivos e responsables de PEME de todos os nosos sectores relatan as vantaxes que lles supuxo adoptar as novas tecnoloxías nos seus negocios. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten previsto o lanzamento dunha ducia de pílulas audiovisuais divulgativas. A día de hoxe (comezos de outubro) xa están dispoñibles oito, logo da incorporación moi recente de Veraleza e Termaria. O seu obxectivo: facer un chamamento-convite para que as PEME pendentes de dixitalizárense, anímense a facelo. Podemos ver as experiencias na canle de AMTEGA en YouTube.
Alén de contribuír ao afianzamento das TIC no noso tecido produtivo, o que busca esta campaña é “difundir como a transformación dixital das empresas axuda a mellorar a súa eficiencia e a súa competitividade”. Como dixemos, as dúas últimas PEME en incorporarse (que non as derradeiras) a esta estratexia colectiva de divulgación son Veraleza (compañía de flores e plantas con sede en Tomiño que opera en España e Portugal), e Termaria (centro adicado ao lecer, a relaxación, o deporte e a saúde situado na cidade da Coruña).
termaria_youtube_amtega.jpgVeraleza narra no seu vídeo como o emprego de Facebook lle está a axudar como canle para captar potenciais clientes na organización de eventos. No caso de Termaria, está a empregar unha solución tecnolóxica que lle permite reducir os custos enerxéticos e reducir o impacto ambiental.
Este ciclo, que ten previsto publicar un total de 12 vídeo-experiencias, ten como obxectivo “impulsar o emprego dixital e as novas tecnoloxías a través de casos de éxito reais de empregas galegas”.
Até o momento, amais de Veraleza e Termaria, un total de seis PEME expuxeron xa o proceso e as vantaxes de incorporar solucións tecnolóxicas nos seus modelos de negocio. Segundo reflicte a axencia AMTEGA, “trátase de pezas breves en formato de entrevista, nas que un directivo da empresa conta en primeira persoa que tipo de solución TIC integrou de maneira satisfactoria no seu negocio e como favoreceu a mellora e o bo funcionamento do mesmo”.
O ciclo recolle experiencias de diferentes sectores:
Gadiex Placotec, con sede en Vigo e dedicada ao illamento e tabiqueiría seca de distribución, conta no seu vídeo como a implantación de OwnCloud favoreceu a mellora e o bo funcionamento do seu negocio.
Pola súa banda, SienteGalicia, portal adicado á venda de escapadas, vacacións e experiencias de lecer, e Viña Costeira, adega de viticultores localizada en Ribadavia, explican como a implantación dun sistema CRM axudou a mellorar os beneficios das súas empresas.
Por outro lado, Todotaladros.com, radicada na localidade de Sada, comparte na vídeo-experiencia os beneficios que supón ter un socio tecnolóxico que lle dea soporte á empresa en materia TIC.
No caso de LV Vogue, empresa de calzado que naceu na Coruña pero que xa conta con sedes nas principais cidades galegas e mesmo fóra de Galicia, o seu vídeo fala da importancia da mercadotecnia dixital para mellorar o servizo e gañar máis clientes.
Viña Costeira, recoñecida Adega do Ribeiro, tamén participa nesta iniciativa compartindo a súa experiencia na utilización de solucións tecnolóxicas para mellorar a calidade da uva dos seus viñedos.
A maiores, TGM Toldos Gómez, situada en Arzúa, narra na súa vídeo-experiencia as vantaxes do emprego de dispositivos móbiles para os seus comerciais, integrados cun programa de xestión ERP.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?