Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A campaña publicitaria da plataforma eMonte.es, distinguida polo Concello de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A campaña publicitaria da plataforma eMonte.es, distinguida polo Concello de Santiago

Redacción
Publicado: 05/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_santiago_premio_emonte_campana.jpgO Concello de Santiago vén de recoñecer unha iniciativa dirixida a tirar partido das redes para favorecer a compravenda de madeira na nosa terra, a plataforma dixital eMonte.es. Máis polo miúdo, o Concello decidiu premiar a estratexia de promoción da dita plataforma levada a cabo polos seus responsables: a campaña de mercadotecnia #TeñoMonte. A distinción insírese no marco da cuarta convocatoria do Concurso de Publicidade Comercial en Galego lanzado polo Goberno compostelán. O galardón e a campaña foron dados a coñecer este mércores pola concelleira de Igualdade e Desenvolvemento Económico, Marta Lois, acompañada do director de E-Monte, Víctor Rivas, e da directora da compañía de mercadotecnia Esgalla, Natalia Martínez.
A campaña distinguida levará a cabo ata finais de novembro tres eventos nas rúas de Compostela e dous concursos a través das redes sociais. A finalidade desta iniciativa de promoción é, por unha banda, dar a coñecer eMonte.es (a primeira plataforma de compra/venda de madeira entre propietarios e propietarias forestais e empresas) e, por outra banda, recuperar os nomes tradicionais do monte galego coa colaboración das persoas que teñen monte en propiedade e da propia veciñanza da cidade.
Este sábado 8 de outubro será a quenda da primeira cita. Así, entre as 10:00 e as 13:00 horas, na Praza de Abastos instalarase un photocall ao carón da fonte no que as persoas interesadas poderán participar escribindo nun encerado o nome da súa parcela de monte. As 75 primeiras persoas que se fagan unha foto co nome do seu monte levarán de agasallo un pequeno carballo procedente de Viveiros Salgado (Beán, Ordes).
As outras dúas citas de #TeñoMonte coa veciñanza serán os días 21 de outubro e 4 de novembro en diferentes emprazamentos.
Segundo se fixo saber na rolda de prensa, todos os propietarios forestais que enchan un formulario durante algún dos tres eventos devanditos na rúa entrarán no sorteo dunha noite para dúas persoas nos aloxamentos de Do Artesanato, nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque.
No encontro cos medios tamén se fixo saber que a campaña de premios e incentivos terá unha vertente dixital, co fin de “achegarse tamén a un público máis novo e urbano que está máis afeito a utilizar as redes sociais e as ferramentas en liña”. O primeiro sorteo concibiuse como unha versión dixital do photocall, na que os participantes terán que responder a través do Facebook como se chama o seu monte e onde está.
A segunda actividade online consistirá nun concurso de textos breves, tamén vía Facebook. Para participar haberá que contar unha anécdota sobre o monte (algo que nos aconteceu nunha paraxe concreta, unha historia escoitada sobre un monte, un achegamento a como era antes). O público decidirá cos seus votos cales son as mellores historias.
Cada unha das persoas gañadoras destes concursos dixitais recibirá como premio unha noite para dúas persoas nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?