Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Destacan a necesidade da formación para que prospere a Administración electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Destacan a necesidade da formación para que prospere a Administración electrónica

Redacción
Publicado: 05/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20161005_egap.jpgA directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, asistiu esta mañá na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela á presentación do libro A actualización da Administración electrónica, dirixido polos profesores Marcos Almeida Cerreda e Luis Míguez Macho. Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos loou esta publicación polo seu labor de análise dos dereitos da cidadanía fronte á Administración electrónica e do papel dos poderes públicos neste contexto.
Segundo a directora da Escola, é preciso un cambio de paradigma para que a innovación tecnolóxica se converta en impulsora da simplificación administrativa, a axilidade dos procedementos e a accesibilidade dos servizos; xa que o emprego de medios telématicos ha de redundar nunha maior eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración. Así, incidiu na necesidade de facer da Administración electrónica un dereito e un deber, coa finalidade de que a cidadanía poida realizar de maneira sinxela trámites mediante ferramentas electrónicas.
No caso concreto de Galicia, destacou, o goberno deu un lugar prioritario na súa actuación a todas aquelas cuestións relacionadas coa Administración electrónica como motor impulsor da calidade de vida e da inclusión social.
Asemade, sinalou que a posta en marcha de todas as iniciativas relacionadas coa Administración electrónica pasa por un encaixe correcto das implicacións legais das recentes normativas aprobadas cos proxectos iniciados e futuros. Nesta liña, Rodríguez-Campos precisou que isto só será posible a través do fomento da formación dos empregados públicos, aos cales definiu como parte fundamental do proceso de modernización da Administración pública.
Finalmente, a directora da EGAP lembrou a alta demanda que rexistran os cursos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación convocados anualmente nos plans de formación da Escola, o cal indica a firme vontade dos empregados públicos neste proceso de modernización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?