Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo convoca a partir deste xoves os talentos galegos no exterior para que nos amosen as súas experiencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo convoca a partir deste xoves os talentos galegos no exterior para que nos amosen as súas experiencias

Redacción
Publicado: 05/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

talento.gal_ineo_captura.jpgIneo, alianza galega de empresas TIC, ten a partir de mañá unha das súas grandes citas da tempada (a partir das 16.30 na sede de AFundación no 24-26 da rúa Policarpo Sanz de Vigo). Trátase de dúas xornadas (xoves e venres) destinadas a convocar profesionais galegos do sector tecnolóxico que traballan no estranxeiro para que nos conten as súas experiencia, plans de futuro e posibilidades de colaboración coas empresas postas en marcha na nosa terra. O evento abrolla directamente do programa Talento.gal, posto en marcha por Ineo. O foro de networking que comeza mañá, máis en detalle, “conectará” cos integrantes do noso tecido TIC un total de 16 profesionais galegos lonxe da súa terra. Todos teñen en común a súa pertenza ao sector tecnolóxico-dixital e o feito que ocupan postos destacados en empresas tecnolóxicas de referencia a nivel internacional.
Segundo informa Ineo, a través deste encontro poderán compartirán as súas experiencias, plans de futuro e posibilidades de colaboración con empresas de Galicia.
O obxectivo do foro é “crear sinerxías e aproveitar ao máximo esa rede de contactos de alto nivel que supoñen os profesionais galegos no exterior”. Trátase, explica Ineo, “de orientar ás firmas da nosa Comunidade para que coñezan en que traballan aqueles nas súas respectivas compañías e que colaboracións poderían propor”.
Segundo engade a asociación TIC, “son moitos os eidos nos que se poden establecer sinerxías”. Por exemplo, o networking podería supor unha porta de entrada a investigadores que buscan empresas para pór en mercado as súas solucións, “xa que por este vieiro abriríase un camiño para chegar a firmas de terceiros países con moito máis percorrido neste ámbito”.
Ineo tamén engade que a súa longa experiencia reveloulle que o sector tecnolóxico galego está “amplamente presente no mundo”. Nesta primeira edición, emporiso, Talengo.gal centrarase no sector TIC, aínda que aspira a ampliarse en datas vindeiras a novas citas e a novos eidos de actividade.
Entre as firmas que representan os profesionais que se darán cita desde mañá en Vigo atópanse Microsoft, Warner Music, Visa, Siemens, Orange, Cern, Telefónica USA ou Vasco Data Security.
Talento.gal
Talento.gal é unha contribución de Ineo que conta co apoio do IGAPE, da Xunta de Galicia e dos fondos europeos FEDER. Trátase dunha iniciativa de longo alcance que busca abrirse a outros axentes, alén do empresariado: universidades que queiran manter o contacto cos seus alumnos, colexios profesionais que queiran identificar onde están os seus profesionais máis recoñecidos, administracións públicas que desexen facer seguimento a circulación do talento… Dito doutro xeito: que se converta nun observatorio do talento galego a nivel mundial e unha rede de intercambio de experiencias.
Talento.gal é unha das iniciativas programadas con motivo do X Aniversario de Ineo. A asociación organiza tamén mañá un acto de celebración para conmemorar este dez anos de vida, que servirá ademais para presentar á súa nova xunta directiva. Esta cita, na que participa o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunirá a empresarios e emprendedores do sector tecnolóxico, autoridades, e unha ampla representación institucional e do tecido económico e social galego. Terá lugar, tamén, na sede de AFundación este xoves 6 de outubro, ás 19.30 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?