Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGAPE salienta o rol das TIC para a competitividade e a internacionalización das empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGAPE salienta o rol das TIC para a competitividade e a internacionalización das empresas galegas

Redacción
Publicado: 05/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20161005_igape.jpgO director do IGAPE, Javier Aguilera, salientou hoxe o potencial do sector TIC para facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas, no seu camiño cara a Industria 4.0, e para reforzar, ao mesmo tempo, os seus avances na internacionalización durante a apertura dunha xornada técnica con empresas tecnolóxicas mexicanas promovida polo Clúster TIC e apoiada a través do programa Galicia Exporta. México é actualmente o primeiro país estratéxico de América Latina para as empresas TIC galegas. De feito, hai xa catorce empresas socias do Clúster TIC que teñen sede en México, e outra media ducia delas están focalizando as súas vendas cara a este mercado.
Ademais de subliñar que o impulso transversal do sector TIC debe ser clave para adaptar os sectores estratéxicos galegos á revolución tecnolóxica que promove a Xunta mediante a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, Aguilera considerou que será igualmente importante para consolidar a ampliar as exportacións galegas, tanto do propio sector como en xeral.
O director do IGAPE salientou que en 2015 exportaron a México preto de 500 empresas galegas por importe de 247 millóns de euros, un 56% máis que en 2012. México está entre os principais clientes de Galicia e o incremento das exportacións a este mercado está incidindo positivamente no crecemento das exportacións galegas, que o ano pasado pecharon co récord histórico de 18.830 millóns de euros.
Aguilera lembrou os Plans Sectoriais elaborados pola Xunta e o Clúster TIC para impulsar a implantación da Industria 4.0 no agro, a madeira e o téxtil, nunha iniciativa que, admitiu, debe servir como punto de partida e como panca para acelerar a implantación da fábrica intelixente no tecido empresarial galego. O sector TIC galego está a demostrar as súas capacidades tanto en Galicia como nos mercados exteriores, manifestou, e pode ser un aliado estratéxico para as empresas mexicanas.
Os Plans Sectoriais establecen unha serie de conclusións globais, resaltando a necesidade de impulsar a hibridación sectorial; a especialización con solucións TIC específicas para cada sector; a cooperación para crear alianzas estratéxicas; e o pensamento global, deseñando produtos que poidan ser exportados; retos que o sector TIC galego, segundo indicou Aguilera, está a enfrontar con acerto e decisión.
Durante a xornada de hoxe houbo presentacións técnicas das cinco empresas TIC mexicanas que integran a misión inversa, así como unha presentación do catálogo de capacidades e solucións das empresas do Clúster TIC e presentacións dos centros tecnolóxicos que traballan no eido da I+D+i neste ámbito: CITIC, CESGA, Citius, Gradiant e AtlantTIC. Finalmente, houbo encontros bilaterais entre as empresas mexicanas e as empresas galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?