Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña inaugura un novo acubillo de emprendemento e innovación, Accede Papagaio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña inaugura un novo acubillo de emprendemento e innovación, Accede Papagaio

Redacción
Publicado: 06/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_accede_papagaio.jpgNa mañá de onte A Coruña estreaba o novo Centro de Empresas Accede Papagaio, un viveiro municipal para promover iniciativas empresariais locais marcadas pola innovación. Á inauguración deste punto empresarial asistían: o alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, membros da Corporación municipal e representantes de institucións e entidades do tecido empresarial da cidade. Indo ao espazo en cuestión, cómpre sinalar que consta de 74 módulos de traballo, atópase no centro da cidade e conta con 700 metros cadrados, ten capacidade para acoller a un total de 62 módulos que darán acubillo tanto a empresas en fase de preincubación (aínda por constituír) como empresas que non superen os dous anos dende o seu nacemento.
Alén dos espazos encamiñados ás iniciativas empresariais, Accede Papagaio posúe instalacións destinadas a outros fins. É o caso do espazo Nube, con capacidade para 12 módulos de traballo, pensado para persoas que non vaian ter unha estadía permanente no centro. O Papagaio tamén ten un espazo Conecta, de 170 metros cadrados, de cara a potenciar o networking a través de charlas, xornadas, debates e outras actividades colectivas.
Asemade, o Centro de Empresas Papagaio achegará cursos de formación municipais que terán temática empresarial. De feito, na tarde de onte tiña lugar a primeira sesión das Xornadas Planeta Coworking, que contou coa presenza de emprendedores salientables en traballo colaborativo como Raúl do Pozo Ortés (director executivo e socio fundador de Cink Emprende), Manuel Zea (CoworkingSpain) e Vanessa Sans (consultora de Happy Working Lab).
Engadir que as persoas interesadas en optar ao uso deste centro poden presentar a súa solicitude ao Concello, xa que Accede Papagaio conta cun sistema de convocatoria aberta e de carácter permanente. As bases reguladoras sinalan que un comité técnico (conformado por: persoal municipal, representantes da Universidade da Coruña, IGAPE, Cámara de Comercio e entidades do sector privado especializadas en materia de emprendemento) avaliarán os proxectos que queiran asentarse no dito espazo. Dende hoxe, o comité técnico, encargado de avaliar os proxectos que optan a entrar no Papagaio, esta a analizar xa as primeiras solicitudes.
Para máis información sobre Accede Papagaio (bases da convocatoria para a presentación de solicitudes e requisitos para optar ao uso das instalacións) cómpre visitar a súa web ou o Facebook.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?