Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense celebra en La Molinera o seu Outubro Maker
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense celebra en La Molinera o seu Outubro Maker

Redacción
Publicado: 06/10/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

molinera_ourense.jpgQuen pensara que a divulgación arredor do movemento Maker non ía ter continuidade logo do Galicia Market Faire (a gran feira galega de argalleiras/os celebrada a pasada fin de semana en Santiago) vai descubrir que non só haberá continuidade, senón mesmo formación especializada e múltiple sobre a cuestión. Dende o Centro Municipal de Coñecemento La Molinera (Ourense) veñen de informar de que a súa programación de outubro xirará arredor deste espírito democrático e integrador da creatividade tecnolóxica. Son sete obradoiros a desenvolver baixo o epígrafe Outubro Maker. Con estas actividades, o Concello busca impulsar a cultura “de facer tecnoloxía e innovación coas nosas propias mans”.
ourense_molinera_maker_2016.jpg Achéganse ao abeiro deste programa obradoiros de introdución á robótica, electrónica, e impresión 3D entre outras vertentes do Movemento Maker. Levaranse a cabo en horario de tarde ata novembro ou decembro. O prazo de inscrición xa está aberto.
· Creación de obradoiro maker abranguerá o coñecemento e utilización dos elementos dun obradoiro destas características, deseño e fabricación dunha máquina de envasar ao baleiro e experimentación con ferramentas maker.
· Robótica con Arduino trata sobre iniciación, introdución ao pensamento dun robot e manexo de programas.
· Electrónica básica para makers achegará aos participantes ao deseño de circuítos, deseño e captura de esquemas electrónicos e ensamblado de circuítos impresos.
· Introdución ao Arduino ensinará os compoñentes electrónicos, tipos de placas, ferramentas de programación e manexo de programas simples.
· Electrónica aplicada á robótica abordará instrumentos de medida, uso de polímetro e osciloscopio dixital, xerador de funcións, técnicas de soldadura, deseño e captura de esquemas electrónicos
· Impresión 3D avanzado trata sobre manexo e seguridade dunha impresora 3D, detección de avarías e coidados e mantementos de impresoras 3D.
A programación complétase cun obradoiro para os máis cativos, Youtuber para nenos, que achegará á rapazada (8 a 12 anos) ás vantaxes creativas de formaren parte da comunidade YouTube. As persoas interesadas poderán inscribirse a través da web do centro La Molinera, ou solicitar máis información no propio centro municipal, emprazado na rúa do Abrevadoiro, 1, Ourense, teléfono 988 374523.
Movemento Maker
A visión do Movemento Maker é a de non poñernos atrancos para facer calquera cousa que se nos antolle. Este é o espírito desta corrente: un movemento internacional de creadoras/es tecnolóxicos que reivindican a capacidade de todos e cada un de nós para facer tecnoloxía e contribuír a facer un mundo mellor a través dela. Trátase dunha vaga de creación e de activismo tecnolóxico que xunta, baixo un mesmo teito, un crecente número de persoas de distintos perfís que acreditan ao máximo na filosofía de traballar en mancomún cun mesmo obxectivo.
Este obxectivo adoita ser construír tecnoloxías únicas e innovadoras que soen ter un marcado compoñente social ou solidario, ou de utilidade para o común da xente, ou para colectivos en risco. A cultura Maker e a súa filosofía de compartir coñecemento está a impulsar a posta en marcha de novos espazos de encontro e traballo (Hackerspaces, Fablabs, Makerspaces, Techshops) nos que se fabrican as últimas vangardas tecnolóxicas e que favorecen a transferencia de coñecemento.
En definitiva, o termo Maker está ligado ao desexo de facer cousas coas nosas propias mans, o concepto chamado “faino ti mesmo” (coñecido polas siglas “DIY”, do inglés “Do It Yoursel”). O termo vén da man de Dale Dougherty de O’Reilly Media.
Estas novas metodoloxías tamén aceleran a posta en marcha de novos e prometedores perfís profesionais (tecnólogo creativo, deseñador de interacción, emprendedor dunha startup de hardware, fabricante ou distribuidor de impresoras 3D, experto educativo, piloto de drons e moitos máis), de novas ferramentas educativas que funcionan con todos os públicos (e que son accesibles a todas e todos a través de Internet) e, tamén, de novos tipos de festivais-feiras que potencian o uso das tecnoloxías creativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?