O concello lugués de Sober vén de instalar no centro da localidade un punto público de recarga 100% de balde que permite aos usuarios cargar a batería de teléfonos móbiles, tabletas ou calquera outro dispositivo. Este servizo está situado no xardín da praza do Concello, onde tamén se dispón dende hai tempo de Wi-Fi gratuíto para todos os usuarios/as.
É preciso dicir que este novo punto de alimentación conta con dous enchufes para todo tipo de aparellos de telefonía móbil e poderá empregarse as 24 horas do día.
Con esta achega, Sober convértese nun dos poucos concellos galegos en dispoñer deste tipo de servizo. O alcalde da cidade salientou que “dende o Concello estamos sempre á vangarda e con esta nova achega queremos facilitar o uso das novas tecnoloxías a toda a veciñanza e tamén aos que nos visitan”.
Sober instala un punto público de recarga de dispositivos electrónicos
Compartir Este Artigo

