Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector agroalimentario medrará grazas á creación do polo de innovación de Gradiant e a USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector agroalimentario medrará grazas á creación do polo de innovación de Gradiant e a USC

Redacción
Publicado: 07/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_usc_polo_de_innovacion.jpgDende Código Cero xa falamos do polo de innovación dixital para o sector agrolimentario galego, unha achega do Campus Terra da USC e o Centro Tecnolóxico Gradiant. A xornada de presentación do polo de innovación dixital para o sector agroalimentario galego reunía onte no Campus Terra da USC a máis de 80 axentes do sector, entre eles: o vicerreitor Javier Bueno; o director de Gradiant, Luis Pérez, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Indo á proposta, dicir que nace coa vontade de potenciar a imaxe de Galicia dentro de Europa como rexión dinámica e innovadora neste eido, amais dunha ferramenta acaída para impulsar a bioeconomía e a economía rural a través da fixación de actividade económica e da xeración de empregos de alta capacitación no rural.
Segundo se apuntou na presentación deste proxecto, este polo de innovación dixital permitirá ao sector agroalimentario mellorar a súa sustentabilidade a través do uso das TIC, ao tempo que fortalecerá o sector TIC galego como provedor de solucións tecnolóxicas para o agro.
Entre os obxectivos a cumprir por esta ferramenta de innovación dixital para o sector agroalimentario galego están: o fortalecemento do ecosistema de innovación en Galicia mediante este polo, que servirá de ponte entre oferta e demanda e como canle de acceso a recursos para experimentación e formación, ou como instrumento de promoción de proxectos colaborativos e de xeración de masa crítica no sector agroalimentario galego. Este polo quer converterse nun socio estratéxico da Administración na introdución da estratexia RIS3 e tamén na articulación de medidas de apoio específicas para o sector a través da innovación.
Engadir que na presentación de onte tamén se trataron novas posibilidades de capitalización do coñecemento existente nos centros de investigación e innovación galegos. Logo, diversos relatores trataron os programas de financiamento para a dixitalización dos sectores primarios, como é o caso da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A experiencia de aplicación de ferramentas TIC á compañía vitivinícola Martín Códax, o emprego de solucións dixitais na cooperativa agraria Os Irmandiños, e o estudo do caso de modernización dixital da industria leiteira Feiraco completaron o abano de temas a debate nesta sesión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?