Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA participará directamente na mellora e ampliación da Plataforma Tecnolóxica de Pesca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA participará directamente na mellora e ampliación da Plataforma Tecnolóxica de Pesca

Redacción
Publicado: 10/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pescadegalicia.gal.jpgA empresa galega SIVSA, responsable das revolucionarias ferramentas Fenix e Hosix, informou recentemente do impulso que vén de recibir a Plataforma Tecnolóxica de Pesca, unha iniciativa dirixida a facilitar ferramentas de xestión e de recollida de información do noso sector pesqueiro. Máis polo miúdo, o impulso veu da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que volveu apostar (precisamente) por SIVSA para o mantemento da devandita plataforma (ampliando e prorrogando o contrato de servizos formalizado pola empresa galega e materializado en labores de mantemento evolutivo, correctivo, perfectivo e de adaptación). Lembrar que dende 2014, SIVSA é adxudicataria deste servizo que dá soporte ao principal sistema de información da Consellería de Mar.
Recordar tamén que a Plataforma Tecnolóxica da Pesca é un proxecto da Administración pesqueira galega. O seu principal obxectivo é achegar recursos de xestión e de recollida de datos do tecido pesqueiro galego. O sistema ofrece unha serie de servizos aos sectores produtivos e distribuidores, servizos que serven de apoio á xestión dos recursos pesqueiros e á rastrexabilidade asociada ao seu transporte e comercialización, “en concordancia coas esixencias legais existentes”, informa SIVSA, que engade que con esta ampliación na que toma parte directa, “incrementaranse os recursos e a adicación do equipo de traballo en case un 45% aproximadamente”. Ademais, apunta, “prorrógase o mesmo por un período de 2 exercicios, ata finais de maio de 2018”.
En termos máis concretos, con este impulso de AMTEGA (e con esta renovación da súa aposta por SIVSA) asegúrase a continuidade dos traballos de modernización tecnolóxica relativos á Administración pesqueira e ao propio sector galego do mar. Segundo engade a empresa galega, estes traballos iniciáronse para o conxunto das aplicacións corporativas á plataforma tecnolóxica corporativa de AMTEGA, para integrar melloras no ámbito funcional das aplicacións existentes no marco do proxecto e, tamén, para dar soporte a optimizacións no alcance de diversas aplicacións e servizos (notas de venda de pesca fresca, pesca conxelada e acuicultura, xestión de documentos telemáticos, adaptación a proxecto Trazapes, etc.).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?