Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TVG estrea varios programas centrados nas TIC e o cooperativismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TVG estrea varios programas centrados nas TIC e o cooperativismo

Redacción
Publicado: 11/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mellorxuntosrecortadalogo.jpgA TVG estrea esta semana tres programas centrados en maior ou menor medida nas novas tecnoloxías da información. Os máis envorcados nas TIC dos tres espazos televisivos son sen dúbida Galicia 4.0 e Desenredando a rede, nos que se falará de empresas punteiras, innovadoras ferramentas dixitais e Internet, e todo coa arela de achegar todos estes recursos ao público galego de calquera idade. A maiores, estréase Mellor xuntos, unha serie documental sobre cooperativas galegas que no primeiro programa achegará unha visita á empresa tecnolóxico dixital Tagen Ata e, tamén, a Parentes, Cestola na Cachola e LuscoFusco.
“Estes espazos”, sinala a TVG, “inician unha serie de seis programas que queren dar visibilidade a distintos colectivos, realidades, iniciativas sociais e proxectos empresariais que contribúen ao fomento dunha sociedade máis xusta e igualitaria”.
Mellor xuntos emitirase os martes. O xoves será a quenda de Galicia 4.0 (que ten o obxectivo de promover o tecido empresarial galego e que fala de produtos e servizos coa etiqueta galega) e os venres de Desenredando a rede. Este último consiste nun programa divulgativo sobre Internet e as novas tecnoloxías, que pretende achegar este medio a todo tipo de públicos. Ao longo da súa andaina, buscará empresas e emprendedores galegos que operen no ámbito das novas tecnoloxías, “ademais de achegar o mundo de Internet a calquera público, mesmo o menos especializado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?