Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica elixe o Metro de Madrid para estrear un sistema de publicidade en movemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica elixe o Metro de Madrid para estrear un sistema de publicidade en movemento

Redacción
Publicado: 11/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

telefonica_metro_madrid_publicidade-2.jpgMadrid converterase na primeira cidade europea (e unha das primeiras do mundo, ao igual que Seúl ou São Paulo) en pór en funcionamento a experiencia de ver publicidade en movemento dentro dos túneles do Metro da capital durante os seus desprazamentos. Isto será posible grazas a un novo mecanismo levado a cabo pola empresa canadense Adtrackmedia e o seu socio de integración Telefónica. Onte a liña 8 de Metro de Madrid (entre as estacións de Colombia e Novos Ministerios) estreaba este soporte publicitario, que paseniño se irá ampliando a outros treitos e liñas de Metro.
Así, Telefónica pasa a ser a primeira compañía que emprega esta nova tecnoloxía para que os viaxeiros de metro de Madrid poidan ver o último anuncio de Movistar Fusión durante todo o mes de outubro.
E indo á tecnoloxía en si mesma, dicir que é patentada por Adtrackkmedia e consiste na instalación dun sistema secuencial de dispositivos LED ao longo da parede do túnel que se transforma nunha única pantalla de centos de metros de lonxitude e que crea a ilusión de estar a ver unha imaxe en movemento, permitindo aos viaxeiros visualizar a través dos portelos do tren anuncios publicitarios animados sen son. Cada un deses monitores LED ten gravada unha imaxe estática. Mediante uns sensores o sistema detecta o movemento cando se achega o tren e a velocidade deste fai que comece a funcionar. Cada barra LED emite a imaxe estática que ten gravada, de tal xeito que o usuario dende o interior do vagón percibe unha secuencia en movemento, igual que se estivese a ver a publicidade nunha sala de cinema ou diante dun televisor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?