Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae formará esta fin de semana a máis de 120 profesionais das novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae formará esta fin de semana a máis de 120 profesionais das novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 18/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vitae_aula.jpgMáis de 120 profesionais da nosa terra teñen esta fin de semana vindeira unha cita coa formación tecnolóxica avanzada da man de Vitae Consultora, compañía galega especializada no sector TI e, en boa medida, en impartir coñecemento e recursos sobre as principais ferramentas, contornas, metodoloxías e linguaxes da vangarda dixital. O labor formativo desta fin de semana terá varias frontes e desenvolverase en Galicia e Madrid. Son un curso sobre Xestión Multiproxecto (que avanzamos os días pasados dende Código Cero en todos os seus detalles), outro sobre metodoloxías de predición de xestión de proxectos TI como PMI e outro centrado en metodoloxías áxiles en xestión de proxectos como Scrum ou Scrumban.
Tamén se van desenvolver obradoiros avanzados sobre metodoloxías para facilitar nos departamentos de recursos humanos a avaliación e selección de profesionais das novas tecnoloxías (e tamén de ámbitos alleos, non dixitais), outro sobre programación avanzada con AngularJS 2 e outro sobre tecnoloxías Big Data (información masiva) e as súas aplicacións para os negocios.
Esta formación diversa e multitemática, sinala Vitae, será impartida a empresas e multinacionais referenciais a nivel galego, estatal e mundial e, tamén, a profesionais particulares do sector TIC, ademais de aos máis prestixiosos centros de investigación e tecnolóxicos de Galicia.
Entre as/os encargadas/os de impartir estes contidos avanzados e innovadores atópanse formadoras/es de primeiro nivel de longa e comprobada traxectoria, como por exemplo José Luís Benito Igualador, Carlos González Jardón, Josefina Alonso Nocelo, Alberto Basalo, Guillermo López Taboada, Jorge Docampo e Marcos Carbonell.
Vitae xa formou a máis de 8.000 profesionais nestes 10 anos de andaina profesional de seu, dos cales 1.900 foron introducidos de cheo en metodoloxías e habilidades en dirección e xestión de proxectos na nosa Comunidade. “A misión de Vitae”, sinalan dende a compañía galega, “é a formación e capacitación dos nosos profesionais e empresas no sector TI poñendo o foco nos aspectos tecnolóxicos pero tamén, e sobre todo, nos aspectos humanos e organizativos, é dicir, no lado humano da tecnoloxía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?