Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA crea unha aplicación e un xeoportal para afianzar nas escolas o estudo da natureza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA crea unha aplicación e un xeoportal para afianzar nas escolas o estudo da natureza

Redacción
Publicado: 25/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cesga_visorphe.jpgO proxecto PhenoloGIT, do que xa temos falado en Código Cero salientando a súa vertente galega (a través do traballo do Centro de Supercomputación de Galicia) e dos seus obxectivos (trátase dunha achega europea que impulsa novas vocacións científicas nas escolas e un acubillo de datos sobre fenómenos naturais onde compartir información), vén de ser fonte de importantes novidades a nivel de ferramentas. Ou sexa, a nivel de facianas visibles de PhenoloGIT. Segundo nos conta o devandito centro galego (CESGA), este desenvolveu ao abeiro do proxecto europeo unha aplicación e un xeoportal destinados a favorecer nas escolas os estudos científicos sobre a natureza. Trátase, engade, de ferramentas pioneiras que, entre outras cousas, facilitan o emprego sinxelo de tecnoloxías de información xeográfica nos centros educativos, amais de impulsar a análise “sobre os cambios da natureza”.
Sinalar que as primeiras versións operativas destes recursos serán presentadas os días vindeiros perante os socios europeos, máis polo miúdo os 27 e 28 de outubro. Segundo explica o CESGA, os integrantes e impulsores de PhenoloGIT son unha equipa de expertos europeos en tecnoloxías da educación, así como 16 escolas de primaria e secundaria de catro países da contorna: España, Reino Unido, Lituania e Dinamarca. Ao abeiro do proxecto, os participantes analizan as potencialidades para as aulas do uso de ferramentas de visualización e análise de sistemas de información xeográfica (GIT).
Nesta andaina a prol das novas vocacións e do fomento do espírito científico-tecnolóxico, o CESGA desenvolveu dúas ferramentas multilingües (incluirán galego e castelán). Trátase, primeiro, dunha aplicación para o seu uso en teléfonos móbiles ou tabletas (dispoñible para Android e iOS) a partir do cal alumnos e profesores poden recoller información (fotos, vídeos, datos textuais, e outros indicadores climáticos a través de sensores ou xeolocalización) da súa contorna natural. O recurso compleméntase cun xeoportal web para amosar na aula os devanditos datos recollidos. Este espazo en liña, explica o CESGA, é quen de filtrar a información por criterios diferentes e realizar diferentes análises (por sorte, países, fenómeno tempo para observar, etc.).
cesga_app_ipad.jpgSegundo recorda o centro galego, nos vindeiros meses os mestres europeos participantes no programa terán a oportunidade de probar a fondo as ferramentas e propoñer optimizacións sobre o seu uso e posibilidades, amais de desenvolver propostas educativas para traballar co alumnado, de acordo co seu currículo e contexto.
Na primavera, lembra o CESGA nun plano máis concreto, estas propostas e ferramentas serán experimentadas polos estudantes. Estes, por certo, poderán facer cousas como recoller e avaliar información sobre as especies animais e vexetais na súa contorna e contrastala cos seus compañeiros europeos (en virtude da capa social que se lles achega a través dos devanditos recursos informáticos, permitíndolles interactuar coas observacións dos restantes participantes).
En Galicia son catro escolas as que participan nesta primeira fase: o CPI plurilingüe O Cruce. Cerceda (que tamén é socio do proxecto europeo e coordinador das actividades educativas), o IES plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o CEP plurilingüe de Ventin (Ames) e o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel. A idea do CESGA é ampliar máis adiante o número de centros, limitado nesta primeira fase piloto. Por outra banda, para esta fase posterior está previsto o desenvolvemento, tamén a cargo do Centro de Supercomputación de Galicia, dun espazo en liña de aprendizaxe aberto para compartir e difundir propostas educativas e as ferramentas GIT creadas para todas as escolas interesadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?