Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant e Everis impulsan a atención médica personalizada con tres tecnoloxías pioneiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant e Everis impulsan a atención médica personalizada con tres tecnoloxías pioneiras

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/10/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

gradiant_everis_unidade_mixta_presentacion_proxectos.jpgO Hospital Gil Casares de Santiago, sede do centro eJKC (eHealth Joint Knowledge Centre), acolleu hoxe a presentación de tres ferramentas tecnolóxicas pioneiras (na súa esencia e obxectivos e tamén nas metodoloxías empregadas para o seu desenvolvemento e validación, ombro con ombro cos profesionais médicos do dito hospital e máis do CHUS) e de gran potencial para mellorar a calidade de vida de determinados doentes e o día a día dos facultativos e o persoal que os atende. Falamos de OnCare, OnTime e Saludei. Trátase, informaron os responsables do eJKC, de tecnoloxías que apostan forte polos servizos de medicina especializada.
De feito, a personalización é un dos seus grandes alicerces comúns e, tamén, de todo o traballo pasado, presente e futuro do devandito centro. Este, como lembraremos, é a unidade unidade mixta constituída polo Centro Tecnolóxico Gradiant e a multinacional Everis, coa Fundación Ramón Domínguez como entidade subcontratada. Foi dada a coñecer oficialmente en xuño de 2015, dende a sede se seu no devandito Hospital Gil Casares de Santiago.
Na cita participaron representantes de Gradiant, Everis, a Fundación Ramón Domínguez e a a Axencia Galega de Innovación (GAIN). En representación da multinacional española Everis interveu o galego Jesús Lage, responsable da compañía na nosa terra. Comezou o seu relatorio salientando a fórmula empregada por eJKC dende a súa orixe (a fórmula da unidade mixta colaborativa con Gradiant e a do traballo en estreita relación cos profesionais médicos composteláns, atendendo polo miúdo ás súas necesidades e procurando, en cooperación, a máxima utilidade dos recursos tecnolóxicos desenvolvidos). Segundo engadiu, un dos grandes obxectivos de eJKC foi dende os seus comezos (hai agora case dous anos) mellorar a asistencia sanitaria pola vía das TIC a través da personalización das mesmas. Recordou igualmente que “algúns dos proxectos presentados este 26 de outubro están xa en fase de proba e pilotaxe” e fixo fincapé na importancia (para Everis mesma e para todo o ámbito da eSaúde en xeral) do centro eJKC, “un centro singular e referencial dende todas as frontes, pola metodoloxía de traballo elixida, polo investimento e esforzos postos en xogo e polo alto nivel dos profesionais investigadores que acubilla”.
No acto tamén interveu Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant, que destacou a importancia das tecnoloxías que están a abrollar do traballo conxunto entre o centro tecnolóxico galego e Everis e, tamén, o camiño elixido para dar forma a esas tecnoloxías: un camiño de colaboración (Everis-Gradiant-profesionais médicos) que garante os mellores resultados e a máxima utilidade. Ao seu xuízo, alén de todos os logros que se están a acadar a través de eJKC, demostrouse ao longo destes case dous anos de andaina conxunta que o traballo levado a cabo no seo mesmo dun hospital, convivindo cos integrantes dos equipos sanitarios, é unha fórmula ben acaida para asegurar innovación de utilidade. Pérez Freire tamén aproveitou a cita cos medias para agradecer o apoio da Consellería de Economía e da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
gradiant_oncare_saludei_y_ontime.jpgDe innovación de utilidade tamén falou Helena Fernández, directora da área de Saúde de Gradiant (e principal responsable da unidade mixta), quen fixo un percorrido específico polas tres tecnoloxías devanditas (OnCare, OnTime e Saludei), polos investimentos postos en xogo (case 3 millóns de euros para un prazo de tres anos) e polos obxectivos concretos de eJKC.
Segundo fixo saber, OnCare é unha aplicación móbil que xa está a ser empregada polos facultativos e que se dirixe a permitir o seguimento da dor en pacientes oncolóxicos que experimenten episodios de forte dor. A ferramenta posibilita que os doentes poidan rexistrar estes episodios e a súa intensidade da maneira máis doada posible. Esta tecnolóxica atópase xa en fase de probas avanzadas e está a ser empregada polos pacientes e polos profesionais médicos do complexo hospitalario compostelán. Segundo fixo saber Helena Fernández, é unha das primeiras aplicacións móbiles de saúde que están a validar de certo no traballo diario dun ambiente médico concreto.
Polo que atinxe a Saludei, é en certa maneira unha continuación de OnCare. Trátase, máis en detalle, dunha tecnoloxía móbil para favorecer o seguimento e o coidado personalizado dos pacientes. Saludei é aplicable a calquera ámbito médico, non só ao oncolóxico. Arestora atópase en fase de desenvolvemento.
OnTime, pola súa banda, é un algoritmo para reducir os tempos de espera dos doentes que se atopan en tratamento de quimioterapia. Esta tecnoloxía é quen de reducir os tempos de espera e optimizar a carga de traballo do hospital de día oncolóxico. Atópase en fase de desenvolvemento co soporte do servizo de oncoloxía clínica do CHUS.
O encontro foi presentado polo xerente da Xerencia da Xestión Integrada de Santiago e presidente da Fundación Ramón Domínguez, Luis Verde, e contou coa participación da directora da área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Sonia Pazos; e a directora da Fundación Ramón Domínguez, María Gómez-Reino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?