Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cidadanía galega xa pode consultar en liña os seus procesos xudiciais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cidadanía galega xa pode consultar en liña os seus procesos xudiciais

Redacción
Publicado: 28/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amtega_pereira_e_rueda_rolda_de_prensa_sede_xudicial.jpgTal e como se anunciara nos meses previos, dende a axencia AMTEGA e dende Vicepresidencia, este mes de outubro as galegas e os galegos contaríamos coas ferramentas para consultar en liña o estado no que se atopan os noso procesos xudiciais. Segundo informaron este 28 de outubro as ditas entidades, a devandita posibilidade de consulta xa é unha realidade grazas á posta en marcha da sede xudicial electrónica, un recurso que empraza á Comunidade galega á fronte do ámbito estatal en materia de eAdministración aplicada ao ámbito da Xustiza.
De feito, segundo lembraron AMTEGA e Vicepresidencia, Galicia “é a primeira Comunidade en poñer en funcionamento a sede electrónica xudicial, cumprindo os requisitos que marca a Lei 18/2011 do 5 de xullo”. Tamén recordaron ante os medios de comunicación que nesta primeira andaina da eSede xudicial, poderemos consultar información dos procesos presentables en sede e verificar documentos electrónicos.
En datas vindeiras, “de maneira progresiva”, a sede irá abranguendo novas funcionalidades e posibilidades. Por exemplo: podemos iniciar dixitalmente procedementos monitorios, que é unha fórmula xudicial para reclamar impagos e que non precisa de intervención dun avogado ou dun procurador. A sede tamén incluirá ao longo dos seguintes meses unha posibilidade concreta para os profesionais: a de acceder de maneira segura aos expedientes dos procesos xudiciais nos que son parte.
Segundo engadiron hoxe Mar Pereira (AMTEGA) e Alfonso Rueda (Videpresidencia), a sede xudicial está accesible na ligazón sede.xustiza.gal e a través do portal xustiza.gal. Tanto Pereira como Rueda coincidiron en salientar a posta en marcha da eSede como “un dos grandes fitos previstos no Plan Senda 2020 da Xunta de Galicia. Na cita perante os medios tamén participaron o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suances. Na rolda de prensa tamén se fixo balance dos avances para conseguir a implantación do Expediente Xudicial Electrónico (EXE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?