Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra presenta o servizo de implantación da Administración Electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra presenta o servizo de implantación da Administración Electrónica

Redacción
Publicado: 11/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_presentacion_administracion_electronica_concellos.jpgNa mañá deste xoves 10 de novembro presentaba Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, o servizo de implantación, uso e soporte das ferramentas de Administración Electrónica para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Á estrea tamén acudiron o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e os alcaldes e alcaldesas, tenentes de alcaldía e concelleiros e concelleiras dos concellos beneficiarios desta iniciativa. Silva subliñou que os concellos se poderán sumar cando o consideren oportuno e sen compromiso de permanencia, respectando a autonomía local.
Silva comezou informando que o servizo de implantación, uso e soporte da Administración Electrónica levado a cabo pola Deputación de Pontevedra “non supón ningún custo económico para os concellos que se adhiran a esta iniciativa”, á que a institución provincial adica arredor de 850.000 €. Como xa apuntamos, os concellos poderanse ir sumando paseniño, sen ningún prazo límite, e sen ningún tipo de compromiso.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha este servizo “cumprindo o disposto na lei do Procedemento Administrativo Común”, a cal establece a obriga das administracións a prover os medios necesarios para que a cidadanía se poida relacionar coas Administracións públicas a través de medios telemáticos. “Isto”, sinalou Silva, “traducirase nun achegamento da Administración á cidadanía e nunha mellora da prestación dos servizos dos concellos de cara a eliminar a barreira do espazo e do tempo entre os concellos e a sociedade”.
Lembrar que a Administración Electrónica non supón a desaparición da modalidade presencial, senón que se oferta como unha posibilidade achegada polos concellos ás súas veciñanzas.
Volvendo á presentación perante os concellos, Silva engadiu que “este non vai ser o único servizo tecnolóxico que imos pór á disposición dos consistorios, pois estamos a elaborar novos proxectos para este e os seguintes anos co obxectivo de que a provincia de Pontevedra se converta nun referente tecnolóxico e que todos os concellos poidamos presumir de ter ofertas tecnolóxicas para unha mellor prestación de servizos, así como poder estruturar conxuntamente esa prestación que permita que as administracións locais non teñan que restar recursos das súas escasas capacidades económicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?