Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre as súas portas a feira Galiciencia máis concorrida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre as súas portas a feira Galiciencia máis concorrida

Redacción
Publicado: 16/11/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia-explicando-3-2.jpgFinalmente chega Galiciencia 2016 e que ninguén adulto se estrañe de que a nosa rapazada se lle adiante en materia creativa e innovadora. De feito, a nosa comunidade de estudantes concorrerá na feira de enxeños de Ourense con cousas como un pastilleiro smart para pacientes crónicos, unha aplicación móbil de alerta de avespa asiática, un espantallo 2.0 ou toalliñas húmidas ecolóxicas feitas com material téxtil desbotado. Galiciencia, que abre hoxe às 10.00 horas as súas portas (na carpa emprazada a carón do edificio central da Tecnópole en San Cibrao das Viñas, Ourense), acollerá estes días a visita de máis de dous milleiros de persoas. Poderemos visitala ata o vindeiro vernes.
Os enxeños intelixentes e innovadores dos nosos ovos inventores salientarán por número (arredor de 75) e por calidade (moitos deles foron argallados para axudar a persoas enfermas, para loitar polo medio ambiente ou para estarmos mellor comunicados).
Segundo sinala a Tecnópole (organizadora), na undécima edición do evento bateranse récords de participación. De feito, explica, “concentrará a maior representación de centros escolares ata o de agora, coa participación de investigadores noveis procedentes de 35 colexios e institutos distintos”.
A Tecnópole tamén explica que este ano a delegación máis numerosa na exposición de proxectos procede da provincia de Pontevedra, cun total de 28 equipos defendendo as súas investigacións e inventos. A eles súmanse 18 de Ourense, 18 da Coruña, 6 de Lugo, 3 de Biscaia, un de Barcelona e un de Asturias, esta última con representación na Galiciencia por primeira vez.
Na carpa, medio cento de equipos de Secundaria e FP amosarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación en stands individuais. A eles súmanse, fóra de concurso, 25 traballos de Primaria.
Todos eles recibirán a visita de grupos escolares de toda Galicia, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, “xa que a feira é de entrada libre para particulares e familias polas tardes”.
No evento, que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), os participantes competirán por situarse entre os tres finalistas e o que consiga a maior puntuación levará o primeiro premio, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación na maior feira científica a nivel estatal, a Exporecerca 2017.
O fío temático, as matemáticas
Segundo lembra a Tecnópole, o fío temático das actividades paralelas da feira serán as matemáticas. Así, os visitantes participarán en obradoiros nos que se explorará a relación das matemáticas coa enxeñería e coa natureza, “co obxectivo de demostrar ata que punto os números están presentes na nosa vida cotiá”, explican fontes da organización, engadindo que este (a importancia dos números) será o alicerce, tamén, do espectáculo científico e dos talleres para os máis pequenos, “que descubrirán as matemáticas xogando e experimentando con pezas de Lego”.
A maiores do devandito, o público da Galiciencia terá ocasión de visitar unha exposición promovida polo SERGAS sobre depresión infantil e xuvenil, na que, ademais de información útil para identificar este trastorno nas idades temperás e para concienciar á sociedade, se mostran fotografías realizadas por adolescentes que sofren esta doenza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?