Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O patrimonio inmaterial galego-luso, na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O patrimonio inmaterial galego-luso, na Rede

Redacción
Publicado: 21/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ponte_nas_ondas-3.jpgO labor da asociación Ponte… nas Ondas! a prol de tirar proveito das novas ferramentas para aproximar dous pobos irmáns (o galego e o portugués) vén xa de lonxe. En Código Cero comezamos a falar deste labor en 2007, cun concurso de SMS, e logo en 2008 informamos dun certame audiovisual convocado para directores de ámbalas beiras da raia. Agora, tal e como reflectimos os días pasados (coa posta en marcha das Escolas nas Ondas), os traballos a prol da irmandade galego-lusa de Ponte… nas ondas! semellan estar a adquirir novos folgos. Sen ir máis lonxe, a comunidade vén de anunciar a dispoñibilidade na Rede de boa parte do seu traballo recente coa comunicade educativa dos dous países irmáns. Podemos velo na web opatrimonio.org.
Este traballo desenvolveuse ao longo de sete anos (entre 2006 e 2013) a carón de milleiros de alumnas, alumnos e docentes de Galicia e Portugal. O obxectivo: recoller e inmortalizar boa parte do patrimonio inmaterial de ámbolos pobos, en boa medida común.
Segundo puidemos saber, o froito de todo isto xa está dispoñible en Internet para consulta e intercambio de experiencias. Trátase dunha cantidade sen conto de páxinas de descricións, fotografías, transcricións e gravacións, artellado en todo en máis de medio milleiro de arquivos (medio milleiro de informantes) de audio e vídeo.
O Certame de Recolla do Patrimonio Inmaterial convocado por Ponte…nas ondas! recibiu ao longo do devandito período de tempo máis de 150 traballos de diferentes centros educativos, sobre todo de Primaria e Secundaria. Houbo, polo tanto, sete convocatorias da iniciativa, cada unha delas cun fío temático definido e particular. A sétima e última (ata o de agora) desenvolveuse baixo o epígrafe Ponte a Brincar e a proposta consistiu en rexistrar xeitos tradicionais de practicar os xogos e o lecer en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?