Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte nas ondas! convoca na Rede un certame audiovisual para directores galegos e portugueses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Ponte nas ondas! convoca na Rede un certame audiovisual para directores galegos e portugueses

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/02/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ponte_nas_ondas-2.jpgHai pontes e pontes, e as da información –malia seren virtuais- poden achegar mundos de xeito tan eficaz coma os de formigón, ferros e cemento. Algo disto -de tirar abaixo fronteiras- hai nas iniciativas en liña dos colectivos galego-portugueses Ponte… nas ondas! e Morraceira, que veñen de convocar o Certame Audiovisual Conta Onde Vives, encamiñado a contribuír á defensa e posta en valor da nosa cultura e historia en común. As ferramentas elixidas para este achegamento non son outras que as vinculadas á Sociedade do Coñecemento.
A idea é animar ós cidadáns de ambas beiras da liña fronteiriza a facer unha gravación en vídeo do lugar onde viven, “unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia ou unha exaltación das excelencias que poida ser interesante para ser contada, de maneira orixinal, ó resto do mundo”.
Os traballos, que poderán ser individuais ou colectivos e que deberán ter unha duración máxima de cinco minutos, subiranse unha vez presentados ó servizo YouTube, dende onde poderán ser vistos pola comunidade internauta. Neste senso, o requisito que se pide é enviar a peza á conta de correo pontenasondas@pontenasondas.org ou tamén ós enderezos físicos seguintes: A Morraceira – Lugar de Segerem 4920-070 Loivo – Vilanova de Cerveira (Portugal) ou a Oficina Xuvenil Transfronteiriza – Rúa Sanz 28 – 36700 Tui (Galiza).
Haberá dúas modalidades: sección colectiva e individual. Cada unha delas inclúe tres premios. O primeiro, na categoría de obras colectivas, consistirá na realización dunha curtametraxe. Na modalidade de individuais, o primeiro premio será unha cámara de vídeo dixital. O prazo para presentar as pezas remata o 17 de maio. Os traballos recoñecidos no palmarés serán proxectados no Festival de Cinema Galego e Portugués Filminho, que se celebrará entre o 22 e o 27 de xullo e que substituirá ó que fora a Mostra Curtas Minhotas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

Xabarín.gal, protagonista do stand da TVG no Culturgal 2026

26/11/2026
ideas_para_producir_cluster_cei.jpg
Audiovisual

Os retos da industria audiovisual galega, polo miúdo este xoves no I+P Ideas para Producir

24/11/2026
Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?