Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa está aberto o prazo para inscribirnos no congreso #InLugo16
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa está aberto o prazo para inscribirnos no congreso #InLugo16

Redacción
Publicado: 23/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inlugo-4.jpgComo xa adiantamos en Código Cero, os días 16 e 17 de decembro o Pazo de San Marcos (sede da Deputación) acollerá a cuarta edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo16. Do que damos conta nesta nova é de que o prazo de inscrición para asistir a este evento gratuíto xa se atopa aberto, así que aqueles interesados en asistir poden solicitar dende agora algunha das 200 prazas para compartir coñecementos con expertos no mundo das novas tecnoloxías, o xornalismo, a mercadotecnia en liña ou a divulgación científica. A reserva das entradas, que se formalizarán por orde de inscrición, pode facerse na web oficial do InLugo ou na páxina da Deputación.
A xeito de novidade, dicir que nesta edición se poderá solicitar unha entrada para cada unha das sesións (venres pola tarde, sábado pola mañá e sábado pola tarde) de cara a unha mellor provisión do espazo dispoñible.
En canto a relatores, o InLugo contará con: Phil González (head of New Media AMC Networks para a Península e América Latina e embaixador de marca de Sony Mobile) coñecido por ser o creador da meirande comunidade de usuarios da rede social de fotografía Instagram, instagramers.com; logo será a quenda de Bárbara Yuste (@byuste), xornalista e profesora na Universidade Carlos II e Camilo José Cela de Madrid e directora de Bez; Javier Pedreira (@wicho), autor do blog Microsiervos e especialista en Cultura Dixital; Juan García (@blogoff), director da Escuela Bitácoras; Daniel Basteiro (@basteiro), xornalista e cofundador de El Español (@elespanol); Sebas Mouret, estudante e youtuber de éxito ou Miguel Ángel Lureña (@gominolasdepetroleo), doutor e licenciado en Ciencias da Tecnoloxía dos Alimentos e creador do blog Gominolas de petróleo.
Iranse engadindo máis relatores á listaxe, que se irá actualizando paseniño na páxina web oficial do InLugo e nas redes sociais do evento, Facebook e Twitter.
Engadir que tamén está aberto o prazo para enviar candidaturas aos Premios InLugo16 en tres categorías: Comercio, Ocio e Restauración; Deportes, Cultura e Acción Social; Tecnoloxía. Para participar só é preciso cubrir o formulario dispoñible na web habilitada. Logo, un xurado valorará todas as candidaturas e elixirá aos finalistas das tres categorías, o resultado coñecerase o 14 de decembro. E o sábado 17 de decembro, coñeceranse os e as gañadoras do certame nunha entrega pública de peche ao IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo16.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?