
En canto a SIVSA, a presenza de Antonio na empresa terá como obxectivo aumentar a carteira de clientes e potenciar as relacións cos xa existentes dando a coñecer as competencias e solucións da empresa.
Arestora, SIVSA conta con case 70 profesionais en Madrid, sendo a previsión de crecemento na capital para o vindeiro ano superior ao 20%. SIVSA, a maiores, é unha empresa referencial en solucións informáticas para a saúde, con máis de 25 anos de experiencia e presenza en máis de 30 hospitais en seis países diferentes. A empresa galega, como recordaremos, é responsable de importantes desenvolvementos informáticos como Fenix (software de xestión clínica na nube para médicos e clínicas de pequenas dimensións) e Hosix (innovador sistema para a xestión e a información hospitalaria).
SIVSA reforza o seu equipo de Madrid
Compartir Este Artigo

