Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a nova web da Deputación de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a nova web da Deputación de Pontevedra

Redacción
Publicado: 15/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_pontevedra_nova_web.jpgEste xoves pola mañá os visitantes da páxina web da Deputación de Pontevedra, depo.es, foron “recibidos” por unha serie de cambios importantes, tanto no estético (máis visualidade, máis limpeza e máis facilidade para abranguer toda a web dunha soa ollada) como no funcional (menos atrancos para o uso e a navegación, máis accesibilidade, máis e mellores ferramentas para a participación, máis transparencia, máis comodidade no uso das ferramentas e servizos). Todos estes cambios son os relativos á recente remodelación do sitio en liña da entidade provincial, transformacións que foron avanzadas os días pasados pola propia Deputación pero que se puxeron hoxe mesmo a disposición da cidadanía.
Como sinalamos esta semana, a remodelación do espazo dixital foi desenvolvida polos propios servizos de comunicación e de novas tecnoloxías da institución provincial. Amais das novidades postas en xogo en materia de navegación, transparencia (búscase que toda a cidadanía poida coñecer o traballo da Deputación) e participación, houbo un esforzo importante no eido de facer a visita o máis cómoda e sintetizada posible (a idea foi reducir os campos e ordenar axeitadamente os contidos para facilitar a lexibilidade o uso).
Outra das novidades tecnolóxicas que presenta a nova web radica na súa adaptación aos distintos formatos de navegación, non só dende os computadores senón tamén dende tabletas ou teléfonos móbiles.
Carmela Silva, presidenta da Deputación, lembraba esta mesma semana a “clara aposta” que está a facer a entidade provincial polas novas tecnoloxías: “Estamos activamente en Twitter, Facebook, Youtube, Instagram, Periscope e Linkedin. En Twitter, xa somos a Deputación galega con maior número de seguidores, 7.276, e acadamos case 400.000 impresións mensuais nesta rede social”. Esta vertente “social” da Deputación ten, como era de agardar, unha fonda pegada na nova páxina web da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?