Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coinscrap, Premio Novo Emprendedor 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coinscrap, Premio Novo Emprendedor 2016

Redacción
Publicado: 16/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coinscrap.jpgO proxecto galego Coinscrap, do que falamos recentemente para dar conta do seu recoñecemento na terceira edición de Galicia Open Future (o centro de crowdworking de Telefónica e AMTEGA na Cidade da Cultura), vén de obter outra importante distinción que confirma (aínda máis) a súa imparable carreira cara aos mercados tecnolóxicos galego, estatal e internacional. Trátase do Premio Novo Emprendedor 2016, entregado onte por AJE Vigo, que quixo salientar con este recoñecemento as importantes vantaxes que pon en xogo Coinscrap de cara ao consumidor (trátase dunha aplicación que redondea cada compra realizada con cartón de débito ou de crédito, pasando a diferenza entre a compra e o redondeo a unha conta de aforro do usuario).
Xunto con este galardón entregado a David Conde, principal impulsor de Coinscrap, a asociación AJE Vigo tamén concedeu o Premio Novo Empresario a Estefanía Francos, responsable de Sémola, firma posta en marcha en 2010 e adicada á elaboración e venda de pan e noces. Estes galardóns, que van pola súa décimo primeira edición, diríxense todos os anos a visualizar e distinguir o traballo innovador da nosa mocidade emprendedora.
Coinscrap, en base ao devandito premio, recibirá formación na Escola de Negocios AFundación de IESIDE (valorada en 1.000 euros), un ano de aloxamento e asesoría no Viveiro de Empresas de Zona Franca de Vigo e un móbil de última xeración.
Sémola recibirá un premio en metálico de 1.000 euros e outro en formación na Escola de Negocios Afundación de IESIDE, valorado tamén en 1.000 euros, ademais dun acceso á base de datos de Ardán durante un ano.
Dentro da categoría Mellor Empresario repartíronse tres accésits. O de Calidade foi para Clínica Dental Xiana Pousa, con dous centros dentais (en Vigo e Pontevedra) e 15 empregados (recolleu a distinción a propia Xiana Pousa). O accésit de Innovación (que recolleu Lucía Méndez) foi para Rysia, empresa especializada en fabricar impresoras 3D de marca propia (amais de achegar formación en tecnoloxía 3D para particulares e empresas, ofrecendo a maiores un servizo de reparación e mantemento de sistemas informáticos). O terceiro accésit, o de Responsabilidade Social Empresarial foi outorgado a Carrick, empresa de comercio electrónico que nace en 2014 e que desde os seus inicios doa unha parte das súas vendas ao banco de alimentos de Vigo. Carrick deseña, fabrica e vende pulseiras con cabo náutico. Recolleu o galardón Brais Comesaña, un dos socios fundadores.
O acto de entrega de galardóns, ao que asistiron máis dun centenar de convidados, celebrouse na sede de AFundación de Vigo e contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a delegada do Consorcio de Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos López Font; a director da área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo e o presidente de AJE Vigo, Alejandro Cabo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?