Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Colle impulso o polo de innovación da USC e Gradiant a prol do noso tecido agroalimentario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Colle impulso o polo de innovación da USC e Gradiant a prol do noso tecido agroalimentario

Redacción
Publicado: 16/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_gradiant_xuntanza.jpgEste xoves recibiu un novo e importante pulo a alianza innovadora do Centro Tecnolóxico Gradiant e a Universidade de Santiago (Campus Terra, USC) a prol da economía do noso rural, máis polo miúdo a prol da industria agroliamentaria. Concretamente, o Polo de Innovación Dixital impulsado polas dúas ditas entidades aprobou a súa estrutura de goberno, así como a creación de seis grupos de traballo que respondan ás diferentes demandas do sector. Esta media ducia de grupos son os seguintes: Prospectiva e Intelixencia, Oferta e Demanda, Proxectos I+D+i, Produción Agraria, Produción Gandeira, e Industria Agroalimentaria. Segundo fixeron saber Gradiant e o Campus Terra, estes seis eidos de traballo serán “estruturas dinámicas” con capacidade de evolucionar a medida que avance o proxecto e xurdan novas necesidades. Como lembraremos, o Digital Innovation Hub foi dado a coñecer en outubro, salientándose daquela o seu obxectivo firme de achegar recursos e solucións que favorezan a futura sustentabilidade e rendibilidade do agro galego.
Segundo engadiron este xoves a USC e Gradiant, a creación dos devanditos grupos partiu dunha enquisa previa á que foron sometidos os diversos axentes do sector (empresas, asociacións profesionais, cooperativas, produtores, clusters, universidades e centros tecnolóxicos). Na xuntanza de onte aprobouse tamén a estrutura de goberno do polo, encabezada pola secretaría técnica que conforman Campus Terra e Gradiant.
O encontro, celebrado no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) de Santiago de Compostela, estivo presidido polo vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, e polo director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire. Enrique Rohrer acudiu en representación da Axencia Galega de Innovación a esta xuntanza de traballo, que foi clausurada polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema.
Segundo explicou a USC, neste Digital Innovation Hub conflúen pola banda da demanda un sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servizos innovadores adaptados á súa realidade produtiva; e pola banda da oferta, a conxunción de provedores tecnolóxicos e de servizos así coma dos centros de coñecemento e innovación xeradores desas solucións e melloras que demanda o sector. A USC e Gradiant tamén lembraron que “a iniciativa establece unha dinámica proveitosa de colaboración aberta e áxil, da que cada parte interesada pode tirar beneficios específicos”. Estas vantaxes son: maior competitividade para o sector agroalimentario, oportunidades de negocio e potencial exportador para os provedores tecnolóxicos ou oportunidades de capitalización do coñecemento existente nos centros de investigación e innovación galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?