Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago e Coruña avanzan no seu proxecto smart compartido con Zaragoza e Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago e Coruña avanzan no seu proxecto smart compartido con Zaragoza e Madrid

Redacción
Publicado: 19/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_coruna-2.jpgOs concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Zaragoza asinaron hoxe o acordo para o desenvolvemento do seu proxecto conxunto de transparencia smart. Trátase, máis en detalle, do proxecto Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperábel. Esta proposta, como lembraremos, foi unha das gañadoras da recente convocatoria de Cidades Intelixentes de Red.es, obtendo a terceira mellor puntuación entre as iniciativas presentadas (111). O investimento total do proxecto ascende a 2.090.461 euros, financiados por Red.es e os concellos, nun 60% e un 40%, respectivamente. O obxectivo do convenio formalizado é avanzar na participación cidadá, nos datos abertos e na transparencia.
O proxecto, lembraron hoxe os concellos devanditos, susténtase en tres eixos de acción. En primeiro lugar, os datos abertos e a consecuente creación de infraestrutura tecnolóxica e o establecemento dun conxunto de datos común, xeración de documentación e exemplos de uso. En segundo lugar, na área de participación potenciaranse as propostas cidadás, onde se inclúe o deseño de procesos de participación, xeración e implantación de software de xestión de propostas, software” de votación sistema de xestión de votacións, difusión e capacitación e avaliación de proceso. O último bloque oriéntase á transparencia, para o que se crearán portais de transparencia enlazados con datos abertos, procesos participativos para a definición de indicadores, portal de transparencia baseado en datos abertos e cadros de mando.
Segundo fixeron saber, ao abeiro do proxecto levaranse a cabo “servizos que favorezan a participación da cidadanía na toma de decisións de cada concello, a través dunha plataforma de goberno aberto que poida ser desenvolvida de forma conxunta”. Entre os obxectivos concretos a conseguir, figuran os seguintes: melloras e aforros na xestión dos servizos públicos, fomentar a interoperabilidade con distintas administracións e axentes ou promover o acceso transparente e universal dos datos públicos dos servizos (“tanto para a súa consulta como para a súa reutilización”) por parte de cidadáns, visitantes, profesionais e empresas, “propiciando con estas actuacións o crecemento da industria e o emprendemento”.
Amais, impulsarase a creación de espazos tecnolóxicos con contornas TIC interoperables, “que permitan o desenvolvemento de proxectos cooperativos e innovadores que faciliten a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións, o intercambio de boas prácticas e o uso compartido de ferramentas tecnolóxicas”. Entroncando con isto, os catro concellos fixeron saber que o proxecto parte dun “alicerce de reutilización”, de compartir e replicar todos os recursos xa dispoñibles nunhas e noutras cidades e de empregar a fondo tecnoloxía de software libre (toda a documentación está subida a GitHub e todos os recursos que se desenvolvan serán open source, con licenzas AGPLv3 ou Apache v2). O proceso terá unha duración de tres anos, nos que as cidades colaborarán no desenvolvemento das actividades descritas, “permitindo que as experiencias que cada un dos participantes xa puxo en marcha, poidan servir como punto de partida para o resto de urbes interesadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?