Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Open Future enxalza o potencial de GaliWonders para coñecer a nosa terra este Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Open Future enxalza o potencial de GaliWonders para coñecer a nosa terra este Nadal

Redacción
Publicado: 29/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galiwonders.jpgTelefónica Open Future, a rede de centros de crowdworking e aceleración da operadora de telecomunicacións, proseguiu este xoves co seu proceso de visualización de novos servizos e produtos “agasallables” para estas festas do Nadal. Ou sexa, novos servizos e produtos desenvolvidos polas firmas acubilladas en Telefónica Open Future (incluído o centro Galicia Open Future de Santiago) e con potencial para engaiolar e sorprender a quen os reciba. Se o outro día a operadora enxalzou as posibilidades da iniciativa galega Cosmethics, hoxe é a quenda de GaliWonders, outro proxecto da nosa terra que conta ademais co engadido de botar unha man na promoción do Camiño e do tecido económico que se nutre dos itinerarios xacobeos. GaliWonders tamén ten sede no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, base operativa de Galicia Open Future.
Segundo fai saber a rede de centros innovadores de Telefónica, GaliWonders é unha iniciativa relacionada co Camiño de Santiago (un roteiro milenario que “reclama a atención e os plans de milleiros de peregrinos, viaxeiros e curiosos de todo o mundo”) e dirixida a permitir que os usuarios poidan achar por si mesmos os múltiples atractivos e experiencias que brinda o itinerario xacobeo en catro das súas variantes: o Camiño Francés, o Portugués, o Portugués da Costa e o de Fisterra. En palabras de Telefónica, a nosa terra, amais de ser unha das contornas que máis estrelas Michelín acubilla, ten outros reclamos para coñecer de primeira man, sendo precisamente aí onde entra en xogo GaliWonders, “compartindo cos seus clientes eses atractivos, recomendando os restaurantes, experiencias e lugares máis auténticos, os favoritos dos galegos”. Os responsables de GaliWonders, ademais, botan man do amplo coñecemento que teñen da nosa paisaxe e xeografía para facer interesantes suxestións das áreas máis descoñecidas para os turistas (pero moi apreciadas polos autóctonos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?